Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 1 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador 10/2001 RE, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ó denunciado cos datos persoais e último domicilio coñecido que se sinalará de seguido a resolución do expediente sancionador por presunta infracción da Lei de residuos 10/1998, do 21 de abril.

Non obstante, de acordo cos arts. 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que a presente resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Ourense, 1 de outubro de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expte. nº/año: OU 10/2001 RE.

Denunciada: María Dolores Pargaray.

DNI: 33330754.

Último domicilio coñecido: Illas Cíes nº 38 esq. Lugo.

Feito denunciado: queima de goma.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 34.3º b) da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, en relación co 34.4º c) da dita lei.

Sanción pesetas: 10.000 pesetas.