Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 8 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican resolucións de expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social (204/2001 e tres máis).

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (artigo 59 da Lei de procedemento administrativo de 1992), pola presente cédula notifícanselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións na orde social.

Fáiselles saber ós interesados que poden formular recurso de alzada por conducto desta delegación perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ó da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselle que, de non interpoñelo en tempo e na forma que proceda, deberá aboa-la multa imposta na conta: cta. de recadación de multas e sancións nº 04045001063-3 de CaixaVigo, oficina praza Berbés de Vigo, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento de constrinximento ante a Delegación de Facenda correspondente.

Vigo, 8 de outubro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Na Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Pontevedra en Vigo séguense os expedientes de sanción que de seguido se relacionan, referidos ás empresas que, así mesmo, se sinalan, sendo os seus encabezamentos e partes dispositivos do seguinte teor literal:

Empresa

Domicilio

Localidade

Número

expediente

Data resol.

deleg.

prov.

Preceptos

Sanción

imposta

(pesetas)

Infrinxidos

Sancionad.

Ferloc, S.L.Maceiras, 32 Vigo204/01 365/01 (AI)21-8-2001Arts. 30 e 31 Lei 31/1995 e art. 10 do R.D. 39/1997.Arts. 47.15º e 49.3º da Lei 31/1995.250.001

Sinergal, S.A.Magallanes, 7-5º Vigo258/01 299/01 (AI)21-8-2001Art. 18.2º do Real decreto 1627/1997.Art. 11.5º Lisos aprobado por R.D.L. 5/2000 e 39.3º Lisos25.000

Vigolar, S.A.Dr. Cadaval, 24 f Vigo260/01 515/01 (AI)21-8-2001Arts. 30 e 31 Lei 31/1995 e arts. 12, 13, 16, 20, 34, 35, 36 e 37 en relación con ap. H) en relación co anexo III e IV do R.D. 39/1997.Arts. 12.12º, 15, 39 e 40.2º do R.D.L. 5/2000.250.001

Castelo Segade, S.L.Rodrigo de Mendoza, 7 Vilagarcía306/01 667/01 (AI)23-8-2001Arts. 5.2º R.D.L. 5/2000 e 60 da O.M. de 7-3-71).Arts. 11.4º e 39.3º A e C do R.D.L. 5/2000. 50.001