Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

O alcalde do Concello de Viveiro, César Aja Mariño, por medio de Decreto de 2 de outubro do ano que andamos, aprobou inicialmente o proxecto de estudio de detalle presentado por Ramón Salgueiro Abad para a ordenación de volumes e determinación de aliñacións e rasantes nun soar da súa propiedade dunhas dimensións de 24.804 m sito en Magazos, segundo o proxecto que achega, asinado polo estudio de enxeñería Monsa, S.L.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto do plan para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, o expediente sométese a exposición pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior

difusión da provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente no Negociado de Urbanismo e Contratación e formular por escrito as alegacións que coiden oportunas.

Viveiro, 9 de outubro de 2001.

César Aja Mariño

Alcalde