Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

Ó abeiro do disposto no artigo 34.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o Pleno do Concello de Viveiro, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 24 de setembro de 2001, adoptou o acordo de prorrogar por un ano a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias de parcelación de terreos, construcción e demolición nas seguintes áreas:

a) Áreas cualificadas como solo urbano non consolidado en Celeiro, Viveiro e Area.

b) Terreos afectados por las vías de novo trazado que teñen consideración de sistema xeral:

-Variante e enlace E-642 coa E-640 ó oeste do val do Landro.

-Nova ponte sobre o Landro, conectando Covas e Viveiro.

-Variante e enlace de Covas e E-640 ó sur de Xunqueira.

-Variante e enlace E-640 coa E-642 ó leste de Viveiro.

-Enlace EE-640 co porto de Celeiro.

c) Terreos afectados pola ampliación do sistema xeral portuario en Celeiro.

d) Terreo cualificados de protección paisaxística, na beira da ría Viveiro e ó longo do río Landro, así como Monte Faro, Monte San Roque, Monte Castelo, Monte Chamorro, Coto Vieiro, Fraga de Landrove, Fraga do Louro, Monte Buio e Fraga do Buio.

e) Terrenos cualificados como espacio natural: Souto da Retorta, Monte Maior, Río Landro, Insua de Area e Illa Gabeira.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Viveiro, 4 de outubro do 2001.

César Aja Mariño

Alcalde