Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOÉN

ANUNCIO.

De conformidade co previsto no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e o disposto por esta alcadía mediante Resolución do 29 de outubro de 2001, ponse en coñecemento de tódolos interesados e público en xeral o seguinte:

Rematados os traballos de elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Toén, nun grao de desenvolvemento que permite formula-los criterios obxectivos, solucións xerais, estratexia e directrices do planeamento, ábrese un período de información pública dun mes, contado desde o día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Neste período poderán formularse por parte das entidades e os particulares as suxestións que consideren oportunas, e presentar propostas e convenios urbanísticos que coiden procedentes.

Os mencionados traballos poden examinarse nas oficinas da casa do concello os días laborables, agás sábados, en horas de oficina.

Toén, 30 de outubro de 2001.

Xosé Puga Suárez

Alcalde