Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.602

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LÁNCARA

ANUNCIO.

O Concello Pleno acordou aproba-los trámites para a adxudicación do concurso aberto do traballo: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Láncara. Para o efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas, que se expoñen ó público xunto con este edicto polo prazo de cinco días para reclamacións e acordou simultaneamente anuncia-lo concurso público, polo trámite de urxencia:

Entidade adxudicadora:

Concello de Láncara. Rosalía de Castro nº 17, 27360 A Pobra de San Xiao-Lugo. Teléfono: 982 54 31 52. Fax: 982 54 30 77.

Obxecto:

Consultoría e asistencia técnica: redacción do Plan xeral de Ordenación Municipal de Láncara.

Importe:

13.163.129 pesetas, IVE incluído (79.112 euros).

Modalidade de adxudicación:

Concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente.

Garantía provisoria:

2% do orzamento.

Exame do expediente:

Os licitadores poderán examina-lo expediente na Secretaría Xeral do concello de 10 a 14 horas de luns a venres, ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións:

Este anuncio publicarase no DOG e no BOP.

As proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello, dentro do prazo de 8 días naturais, que comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a última publicación dos devanditos anuncios, en horario de 10 a 14 horas, e na forma establecida no prego de condicións. Se o último día do prazo fose festivo este rematará o día hábil seguinte. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións:

A apertura das ofertas económicas terá lugar na casa do concello ás doce horas do seguinte quinto día hábil da finalización do prazo de presentación de ofertas, agás sábado.

Láncara, 31 de outubro de 2001.

O alcalde

Rubricado