Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.602

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GUITIRIZ

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 26 de setembro de 2001, adoptou o acordo de prestarlle a súa aprobación ó prego de condicións económico-administrativas que terán que rexer na contratación, mediante tramitación urxente e por concurso aberto, da obra que se indica no punto dous; exporase ó público polo prazo dos oito días seguintes, excluídos sábados, ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Simultaneamente, anúnciase concurso para a presentación de propostas, podendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións en relación co dito prego.

1. Entidade adxudicadora: Comisión de Goberno do concello.

2. Obxecto do contrato e prazo de execución: pavimentación de accesos en núcleos de poboación de Labrada, Os Vilares, Guitiriz e Pígara. Prazo: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento de licitación e criterios de selección: dez millóns novecentas mil pesetas (10.900.000). Os consignados no prego de condicións.

5. Garantías: provisional 218.000 pesetas. Definitiva, catro por cento do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: concello de Guitiriz, Secretaría. Rúa Xeneral Franco, 4. Teléfono e fax: 982 37 01 09. Ata o día anterior a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: os especificados no prego.

8. Presentación de ofertas: prazo de trece días, excluídos sábados, seguintes ó da última publicación

no BOP ou no Diario Oficial de Galicia. Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: rexistro xeral do concello, das nove ás catorce horas.

9. Prazo de vixencia das ofertas: tres meses contados desde o día de apertura das proposicións.

10. Apertura de ofertas: primeiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións, que non coincida en sábado, ás trece horas e quince minutos.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Guitiriz, 27 de setembro de 2001.

Mª José Vázquez Lorenzo

Alcaldesa