Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal na avenida de Galicia, 99.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de outubro de 2001, aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal na avenida de Galicia, nº 99, redactado pola arquitecta Xulia Cortizas Díaz, con data de maio de 2001, e tramitado por instancia de Francisco Durán Montero.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 44.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para efectos de que durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no DOG poidan formula-las reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Suspensión de licencias.

Así mesmo, o Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de outubro de 2001, acordou a suspensión de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición para toda a área da modificación puntual, o que se fai público en cumprimento do artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Mugardos, 31 de outubro de 2001.

O alcalde

Rubricado