Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

DECISIÓN do xurado do concurso de ideas para a construcción dunha nova Casa da Cultura en San Cibrao.

O pasado día 4 de outubro de 2001, reunidos na Casa do Concello de Cervo, sendo as 17 horas e cumprido o disposto na base novena das bases reguladoras do concurso de ideas para a construcción dunha nova Casa de Cultura en San Cibrao, aprobadas por resolución da Alcaldía de data 6 de abril de 2001 e publicadas no DOG o día 14 de maio de 2001, reúnese o tribunal cualificador integrado polas persoas que a seguir se relacionan:

Presidente: o alcalde do Concello de Cervo, José Insua Pernas.

Vocais:

Isaac Díaz Pardo: a título persoal.

Pastor Ferreiros Carreira: arquitecto designado pola Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura.

Manuel Prieto Martínez: arquitecto designado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Manuel de la Iglesia Pérez: arquitecto designado pola Escola Superior de Arquitectos da Coruña.

Manuel Campos Ratueira: integrante da Oficina Técnica Municipal.

Asisten sen voz e sen voto os representantes dos distintos partidos políticos.

José Manuel Balseiro Orol: conselleiro do GM do PP.

Juan Carlos Piñeiro Docampo: conselleiro do GM do PSOE.

Xerardo López Enríquez: conselleiro do GM do BNG.

Carlos Martínez Martínez: conselleiro do GM Nacionalista.

Non asiste o arquitecto designado polos concursantes Manuel Gallego Jorreto.

Actúa como secretario do xurado, con voz pero sen voto, a secretaria interina da corporación Mª Cristina Abades Martínez.

O xurado, despois de deliberar, por unanimidade dos membros presentes, resolve concede-los seguintes premios:

1º Premio (consiste en lle encargar ó concursante elixido a redacción do proxecto básico e de execución para a construcción da Casa da Cultura, así como a dirección de obra). LEMA SOM 001: Víctor González Magdalena, Belinda Vesada Vergara, Marister Faílde Ferreiro, Juan Luís Piñeiro Ferradas.

2º Premio (dotado de 400.000 pesetas) LEMA XYZ 000: Antonio Taboada López.

3º Premio (dotado de 300.000 pesetas) LEMA POD 256: Marcos Parga Prado, Idoia Otegui Vicens.

O concello organizará unha exposición con tódolos traballos, conservando o anonimato deles, salvo que estes manifesten a súa vontade de rompe-lo.

Neste caso deberán mandar por escrito ó concello o seu permiso para desvela-la súa identidade.

O que se comunica ó debido efecto en Cervo o 9 de outubro de 2001.

José Manuel Balseiro Orol

Primeiro tenente alcalde