Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (5/2001).

A Alcaldía Presidencia con data 9 de outubro de 2001 dictouse a seguinte resolución:

Aprobar definitivamente a modificación do sistema de actuación do polígono G7.04 (Falperra) de compensación á cooperación e requirir a César Vispo Pajón, en representación de Vivayva, S.L., para que no prazo de tres meses presente proxecto de reparcelación para a súa posterior tramitación por esta Administración.

O que se publica para xeral coñecemento indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde

o día seguinte á súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a alcaldía-presidencia no prazo dun mes. Neste caso contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpoñe-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados do día sequinte a notificación ou, noutro caso, no de seis meses contados da desestimación presunta que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A presente publicación producirá tamén os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para aqueles supostos de interesados ós que non poidan ser practicada a notificación persoal.

A Coruña, 10 de octubre de 2001.

El acalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda