Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.599

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

EDICTO de anuncio de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal do Concello de Cervo (As Lobeiras).

O Pleno do Concello de Cervo, en sesión que tivo lugar o 3 de outubro de 2001, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento en Cervo (As Lobeiras).

A modificación puntual que se pretende, segundo consta no documento técnico, consiste en colocar-lo volume residencial R (VU) 2 de forma ortogonal a como se encontra na actualidade, é dicir, colocalo paralelamente ás curvas de nivel (buscando a mellor adaptación topográfica e, polo tanto, economía e accesabilidade) e con fronte á rúa da Lobeira.

Resumo de superficie:

-SUP. das actuais N.S.P

R (VU) II: 1.859,50 m

Esp. libre: 2.553,00 m

Vías: 587,50 m

Total: 5.000,00 m

-Trala modificación puntual

R (VU) II: 1.290,00 m

Esp. libre: 3.122,50 m

Vías: 587,50 m

Total: 5.000.00 m

Normativa urbanística e significación.

As modificacións do uso do solo e da edificación, tralas modificacións puntuais das N.S.P. obxecto deste traballo, rexeranse polas mesmas ordenanzas do parlamento vixente de Cervo, núcleo de Cervo, para esta clase de solo.

En canto ó volume residencial edificable cómpre dicir que se reduce, xa que cun número igual de alturas II se ocupan un total de 570 m menos, o que supón, ademais, liberar solo para aumenta-lo tamaño do espacio libre.

En canto ó solo destinado a espacio libre, hai que dicir que ademais do incremento de 570 m na superficie total, o dito espacio urbano pasa a te-la súa dimensión maior paralela ás curvas de nivel e non no sentido da máxima pendente.

Iso supón, en relación coas esixencias xustificativas do Decreto 35/2000, de aprobación do Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na C.A. de Galicia, que este traballo permitirá unha máis fácil adaptación ás condicións técnicas de obrigado cumprimento dos futuros proxectos de urbanización e edificación.

Finalmente, cómpre dicir que a nova disposición espacial do espacio libre, máis próxima ó centro

do núcleo urbano, favorece un maior grao de utilización e desfrute del.

Por iso e baseándonos en todo o anterior, parece importante o interese público deste proxecto de modificación puntual.

Este anuncio efectúase para cumprir co establecido no artigo 48 en relación co artigo 50, ámbolos dous da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na cidade da Coruña, no prazo de dous meses a partir da publicación deste anuncio, segundo determina o artigo 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Todo isto sen prexuízo de que as persoas interesadas exerzan os recursos ou accións que entendan convenientes para a defensa dos seus lexítimos intereses.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Cervo, 23 de outubro de 2001.

José Insua Pernas

Alcalde