Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno, na súa sesión do 5 de novembro do 2001, acordou a contratación mediante concurso con procedemento aberto, polo trámite de urxencia, das obras que se sinalarán, expoñéndose ó público o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá na contratación

referida, podendo ser obxecto de exame e reclamacións neste concello durante o prazo de oito días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto no BOP, para o contrato coas características que se reseñan seguidamente:

Cadro de características do contrato.

1. Proxecto: pavimentación das rúas Pardo Bazán e Nosa Señora do Carme, en Burela.

2. Tipo de licitación: 20.100.000 pesetas.

3. Prazo de execución: 1 mes.

4. Clasificación do contratista: grupo G4, categoría C.

5. Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral do Concello de Burela (Pardo Bazán nº 6, en Burela).

6. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais contados a partir da última publicación no BOP ou DOG.

7. Fianza provisional: 402.000 pesetas.

8. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: as sinaladas no prego de cláusulas administrativas.

10. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Burela, 8 de novembro de 2001.

Manuel Mon Rouco

Alcalde

Mª Elisa Mogo Miranda

Secretaria interina

ANEXO I

Modelo de proposición

D/Dna., con enderezo na rúa ,

DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº, expedido, actuando en nome propio

(ou en representación de, con NIF nº

como acredita por), comprometéndose

a realiza-las obras do proxecto técnico de

no prezo de (letra e número), IVE incluído,

no prazo de (en letra e número) meses, consonte o proxecto técnico e prego de cláusulas económico-administrativas particulares, que acepta integra e incondicionalmente, sen salvidade ningunha e comprometéndose á realización de unidades de obra adicional a determinar pola Administración, por importe total de (en letra e número) pesetas,

valorados os prezos unitarios figurados no proxecto, é dicir, a prezos de execución material.

En ... o ... de ... de 2001.

O licitador (asinado e rubricado)

Modelo de sobre

Proposición para tomar parte na contratación das obras de:

presentada por:

En ... o ... de ... de 2001.

O licitador (asinado e rubricado)