Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

O Pleno deste concello, na sesión do 25 de outubro de 2001, acordou tomar coñecemento do avance do Plan xeral de ordenación municipal e proceder á súa exposición pública, que se fará do seguinte xeito:

Data: do 22 de novembro ó 22 de decembro de 2001.

Lugar: sala de exposicións do edificio Liceo-Paza de Galicia.

Horario: das 10 ás 14 horas.

Durante o devandito prazo, tódolos interesados poderán presenta-las suxestións, propostas e convenios que consideren oportunos e procedentes.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Betanzos, 30 de outubro de 2001.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente