Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 12 de novembro de 2001 Páx. 14.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2001 pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polo proxecto denominado pavimentación e saneamento na rúa de Cee-Meicende.

Outorgada a declaración de utilidade pública e declarada a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto denominado: pavimentación e saneamento na rúa de Cee-Meicende, no termo municipal de Arteixo, polo Decreto 221/2001, do 7 de setembro, da Xunta de Galicia (DOG nº 187, do 26 de setembro), esta alcaldía acorda sinala-lo día 22 de novembro de 2001 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo, deducida da que se someteu a información pública no BOP da Coruña nº 36, do 13 de febreiro de 2001, e no xornal El Ideal Gallego, do 7 de febreiro do mesmo ano, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará

notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Relación de bens e dereitos afectados.

PredioPropietarioSuperficie que

se vai expropiar

Valoración

económica

1Pilar Gómez Martínez220 m5.000.000 de ptas.

2Manuel Lafuente Martínez38 m1.089.930 ptas.

4Ramón Martínez Rodríguez17 m212.500 ptas.

5Emilio Barreiro Regueira5 m62.500 ptas.

6María Vázquez Búa38 m475.000 ptas.

6-AManuel Lafuente Martínez4 m100.000 ptas.

7Mercedes Mosquera Jaspe124 m372.000 ptas.

9Dolores Figueroa Naya6 m75.000 ptas.

13Mercedes Mosquera Jaspe113 m339.000 ptas.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade con artigo 5º da citada Lei de expropiación forzosa.

Arteixo, 31 de outubro de 2001.

O alcalde

Rubricado