Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 09 de novembro de 2001 Páx. 14.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na súa sesión do 25 de setembro de 2001, acordou:

1. Aprobar con carácter definitivo o estudio de detalle do bloque 1 do P.P. de Cordeda-2ª fase, presentado pola sociedade EPAAT, S.L. e redactado polo arquitecto Rafael Pier Romero, que ten por obxecto a ordenación do volume prevendo un axuste da aliñación para executar uns entrantes en fachada.

2. Proceder á publicación deste acordo no BOP e no DOG e á súa comunicación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

3. Determinar que o acordo aprobatorio pon fin á vía administrativa e pode ser impugnado directamente ante a xurisdicción contencioso-administra

tiva sen prexuízo do potestativo recurso de reposición, segundo o establecido na lexislación vixente.

Culleredo, 1 de outubro de 2001.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo