O Pleno Municipal, na súa sesión do 25 de setembro de 2001, acordou:
1. Aprobar con carácter definitivo o estudio de detalle do bloque 4 do P.P. de Cordeda-2ª fase, presentado pola sociedade EPAAT, S.L. e redactado polo arquitecto Rafael Pier Romero, que ten por obxecto a ordenación do volume prevendo un axuste da aliñación para executar uns entrantes en fachada.
2. Proceder á publicación deste acordo no BOP e no DOG e á súa comunicación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
3. Determinar que o acordo aprobatorio pon fin á vía administrativa e pode ser impugnado directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa sen prexuízo do potestativo recurso de reposición, segundo o establecido na lexislación vixente.
Culleredo, 1 de outubro de 2001.
Ricardo Seoane Candamio
Concelleiro delegado de Urbanismo