Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 09 de novembro de 2001 Páx. 14.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na súa sesión do 25 de setembro de 2001, acordou:

1. Aprobar con carácter definitivo unha modificación puntual do P.P. da área 3 de SUNP do PXOU deste concello, que ten por obxecto excluír do catálogo de bens protexidos que incorpora o citado plan dous dos seus elementos (a ponte da cinta transportadora e a antiga cheminea) e elimina-las referencias que se fan a eles na memoria e nas ordenanzas reguladoras.

2. Proceder á publicación deste acordo no DOG e no BOP (neste último, así mesmo, a normativa corrixida) e dar traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda con copia autenticada do expediente administrativo tramitado e dous exemplares dilixenciados do documento definitivamente aprobado.

3. Determinar que o presente acordo é firme en vía administrativa e pode ser impugnado directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa na forma e prazo previstos na súa lei reguladora, sen prexuízo do potestativo recurso de reposición ante o Pleno do concello, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Culleredo, 1 de outubro de 2001.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo