Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 09 de novembro de 2001 Páx. 14.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de expediente sancionador P-P-2001/027 e dous máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos ditos expedientes, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen

que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 90/3110001181, da Caixa Galicia (2091) oficina (0388). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo do pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 9 de outubro de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-P-2001/027.

Denunciado: Rafael Míguez González, Pontellas-Pousadela, 8, O Porriño.

DNI: 76899932.

Feitos denunciados: pescar dúas troitas (10 e 12 cm) de tamaño inferior ó permitido, ás 18.45 horas do día 24 de marzo de 2001, no río San Simón ó seu paso por Ribadelouro, no concello de Tui.

Data do acordo da incoación: 30-3-2001.

Data da proposta de resolución: 15-5-2001.

Proposta: sancionar a Rafael Míguez González con multa de 10.000 pesetas (60,10) e unha indemnización de 2.000 pesetas (12,02 euros).

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: pescar dúas troitas de tamaño inferior ó permitido.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia, en relación co anexo IV do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 10.000 pesetas (60,10 euros).

Indemnización: 2.000 pesetas (12,02 euros).

Expediente: P-P-2001/041.

Denunciado: Eduardo Vázquez Hernández, Purificación Saavedra, 1ª trav. 21-1ª, Vigo.

DNI: 36146010.

Feitos denunciados: pescar nun tramo vedado ata o 6 de maio por tratarse de augas habitadas por salmón. Ó ser sorprendido, o denunciado atopábase realizando lances á auga. Feitos acontecidos ás 20.15 horas do día 7 de abril de 2001, no río Tea ó seu paso por Fozara, no concello de Ponteareas.

Data do acordo da incoación: 27-4-2001.

Data da proposta de resolución: 31-5-2001.

Proposta: sancionar a Eduardo Vázquez Hernández con multa de 20.000 pesetas (120,20 euros).

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: pescar nun tramo vedado ata o 6 de maio.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia, en relación co artigo 3 da Orde do 15-2-2000 e co anexo I da Orde do 20-1-2000.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 20.000 pesetas (120,20 euros).

Expediente: P-P-2001/042.

Denunciado: Mª Margarita Visbal Bugarín, Purificación Saavedra, 1ª trav. 21-1ª, Vigo.

DNI: 36105266.

Feitos denunciados: pescar nun tramo vedado ata o 6 de maio por tratarse de augas habitadas por salmón. Ó ser sorprendida, a denunciada atopábase realizando lances á auga. Feitos acontecidos ás 20.15 horas do día 7 de abril de 2001, no río Tea ó seu paso por Fozara, no concello de Ponteareas.

Data do acordo da incoación: 27-4-2001.

Data da proposta de resolución: 31-5-2001.

Proposta: sancionar a Mª Margarita Visbal Bugarín con multa de 20.000 pesetas (120,20 euros).

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: pescar nun tramo vedado ata o 6 de maio.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia, en relación co artigo 3 da Orde do 15-2-2000 e co anexo I da orde do 20-1-2000.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 20.000 pesetas (120,20 euros).