Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 09 de novembro de 2001 Páx. 14.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do expediente sancionador PO-I-01/68 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de

novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e ó seu Regulamento do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó nº de conta 2091-0388-90-3110001181 da Caixa de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da presente publicación, conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto) e unha vez producida a firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 8 de outubro de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-I-01/68.

Denunciado: José Mª Rodríguez Salgado.

Último enderezo coñecido: pza. da Constitución, 14-3º. 36202 Vigo.

Feito denunciado: abandono dun vehículo en masa forestal.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do regulamento da LIF.

Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da LIF.

Sanción: 50.000 pesetas.