Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 09 de novembro de 2001 Páx. 14.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2001,

da Delegación Provincial de Pontevedra,

pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores P-P-2001/088 e P-P-2001/144 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo ser recusadas en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou presenta-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndo de que, de non efectuar ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 9 de outubro de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente : P-P-2001/088

Denunciado: Luciano Gómez Abal, Fornos, 5, Caldas de Reis.

DNI: 35466626.

Feitos denunciados: pescar nun couto sen permiso e sen licencia de pesca coa cana na man e o cebo dentro da auga, ás 10.50 horas do día 12 de maio de 2001, no río Umia, ó seu paso por Carballeira, no concello de Caldas de Reis.

Data do acordo de incoación: 21 de agosto de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 34.1º e 34.10º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 60.000 pesetas (300,61 euros).

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio da dita actividade durante un período de 1 ano.

Expediente: P-P-2001/144.

Denunciado: Eduardo Lamas Patiño, Telleira, 31-2º, Vigo.

Feitos denunciados: abandonar un vehículo no leito do río Louro co conseguinte dano para a riqueza piscícola. Feitos denunciados o día 20 de xullo de 2001, no lugar do Vao en Areas, parroquia de Sanguiñeda, no concello de Mos.

Data do acordo de incoación: 7 de setembro de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 34.24º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992 de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 100.000 pesetas (601,01 euros)

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio da dita actividade durante un período de 1 ano.