Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 09 de novembro de 2001 Páx. 14.508

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de outubro de 2001 pola que se convocan concursos de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 1 da Lei 24/1994, do 12 de xullo (BOE do 13 de xullo), pola que se establecen normas sobre concursos de provisión de postos de traballo para funcionarios docentes, e existindo prazas vacantes nos centros docentes, que se deben prover entre funcionarios dos corpos que a continuación se citan, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dispón convocar concurso de traslados de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Obxecto.

Convócanse concursos de traslados, de acordo coas especificacións que se citan nesta orde, para a provisión de prazas vacantes entre funcionarios docentes dos corpos de:

-Profesores de ensino secundario (corpo 590).

-Profesores técnicos de formación profesional (corpo 591).

-Profesores de escolas oficiais de idiomas (corpo 592).

-Catedráticos de música e artes escénicas (corpo 593).

-Profesores de música e artes escénicas (corpo 594).

-Profesores de artes plásticas e deseño (corpo 595).

-Mestres de taller de artes plásticas e deseño (corpo 596).

Este concurso rexerase polas seguintes disposicións: Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, Lei orgánica 9/1995, do 20 de novembro, da participación, a avaliación e o goberno dos centros docentes, Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, Real decreto 2112/1998, do 2 de outubro, Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, Real decreto 575/1991, do 22 de abril, Real decreto 1701/1991, do 29 de novembro, Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, modificado polo Real decreto 2042/1995, do 22 de decembro, Real decreto 777/1998, do 30 de abril, Real decreto 1027/1993, do 25 de xuño, Real decreto 2193/1995, do 28 de decembro e Orde do 1 de outubro de 1998 (DOG do 8 de outubro).

Segunda.-Publicación de prazas correspondentes ós corpos citados no punto anterior.

As vacantes provisionais e definitivas para o curso 2002/2003 correspondentes ós citados corpos publicaranse, relacionadas por centros, no DOG.

Ó amparo desta orde convócanse, ademais das vacantes previstas no momento desta convocatoria, as que se produzan ata o 31 de decembro de 2001 e as que resulten da resolución do concurso en cada corpo polo que se concursa.Todas elas sempre que se correspondan con prazas que teñan o seu funcionamento previsto na planificación xeral educativa. Non se incluirán neste concurso as posibles vacantes que se puidesen orixinar en virtude da resolución dos concursos que puidesen convocar durante este curso o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e as administracións educativas das comunidades autónomas que se encontren no pleno exercicio de competencias en materia educativa.

Terceira.-Corpo de profesores de ensino secundario.

Os profesores pertencentes a este corpo poderán solicita-las seguintes prazas:

1. Prazas correspondentes ás especialidades das que sexan titulares, para as localidades e os centros que figuran no anexo I desta orde, e para as especialidades que se indican no anexo VII. A petición de localidade implica que se solicitan tódolos centros dela pola orde que aparecen relacionados no anexo I.

2. Prazas correspondentes á especialidade de economía.

De conformidade coa disposición transitoria quinta e o anexo V do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, poderán solicitar estas prazas, por unha soa vez, e con ocasión de vacante, os profesores de ensino secundario que, aínda que non sexan titulares da especialidade, reúnan as seguintes condicións: ter destino no ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

-Licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública.

-Non ter obtido destino con anterioridade nunha praza de economía a través da súa participación en anteriores concursos de traslados.

3. Prazas de cultura clásica.

Teñen esta denominación aquelas prazas ás que, de conformidade co establecido na disposición adicional décima do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, poden acceder indistintamente os titulares das especialidades de latín ou grego. Estas prazas aparecerán convenientemente diferenciadas nos cadros de persoal dos centros, e o profesor que acceda a elas estará obrigado a impartir tanto as materias ou áreas atribuídas á especialidade de grego como á de latín.

Cuarta.-Profesores técnicos de formación profesional.

Os profesores pertencentes a este corpo poderán solicitar prazas correspondentes ás especialidades das que sexan titulares, para as localidades e os

centros que figuran no anexo I, e para as especialidades que figuran no anexo VIII. A petición de localidade implica que se solicitan tódolos centros dela pola orde que aparecen relacionados no anexo I.

Quinta.-Profesores de escolas oficiais de idiomas.

Os profesores pertencentes a este corpo, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo II e para as especialidades que figuran no anexo IX.

Sexta.-Catedráticos e profesores de música e artes escénicas.

1. Os catedráticos do corpo de música e artes escénicas, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo III e para as especialidades que figuran no anexo X.

2. Os profesores de música e artes escénicas, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicitar prazas dos centros que aparecen no anexo III e para as especialidades que figuran no anexo XI.

Sétima.-Profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

1. Os profesores do corpo de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo IV, para as especialidades que figuran no anexo XII.

2. Os mestres de taller de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicitar prazas dos centros que aparecen no anexo IV, para as especialidades que figuran no anexo XIII.

Oitava.-Participación voluntaria.

1. Poderán participar con carácter voluntario neste concurso de traslados:

a) Os funcionarios que estean en situación de servicio activo con destino definitivo en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sempre que, de conformidade co establecido no parágrafo segundo do número 6 da disposición adicional décimo quinta da Lei 30/1984, do 2 de agosto, transcorresen ó remate deste curso académico, alomenos, dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.

b) Os funcionarios que se atopen en situación de servicios especiais, declarada desde centros actualmente dependentes da Consellería de Eduación e Ordenación Universitaria, sempre que trascorresen ó remate deste curso académico, alomenos, dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.

c) Os funcionarios que estean en situación de excedencia voluntaria declarada desde centros actualmente dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Se se tratase dos supostos de excedencia voluntaria por interese particular ou por agrupación familiar recollidas nos puntos 2º e 3º do artigo 55 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública galega, só poderán participar se ó finaliza-lo curso escolar en que se realicen as convocatorias transcorresen dous anos desde que pasaron a esta situación.

d) Os funcionarios que se atopen en situación de suspensión declarada desde centros actualmente dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sempre que ó finaliza-lo curso escolar en que se realicen as convocatorias transcorrese o tempo de duración da sanción disciplinaria de suspensión.

2. Para os efectos previstos no punto 1 entenderase como data de finalización do curso académico a do 30 de setembro de 2002.

3. Para participar no concurso de traslados na especialidade de xeografía e historia será requisito imprescindible ter superado o curso de perfeccionamento de lingua galega, te-la validación correspondente ou telo superado a través de proba libre. Para estes únicos efectos, entenderase que reúnen este requisito os que superasen a proba de coñecementos da lingua galega no procedemento selectivo de acceso ó corpo de profesores de ensino secundario.

Este requisito deberá posuírse e xustificarse no prazo de reclamacións e renuncias previsto na base décimo sétima.

4. Os que desexen exercer un dereito preferente para a obtención de destino deberán aterse ó que se determina na base décima desta convocatoria.

5. Funcionarios dependentes doutras administracións educativas: poderán solicitar prazas correspondentes a esta convocatoria os funcionarios dependentes doutras administracións educativas sempre que cumpran os requisitos e as condicións que se establecen nesta orde. Estes funcionarios deberán ter obtido o seu primeiro destino definitivo no ámbito de xestión da administración educativa á que se circunscribía a convocatoria pola que foron seleccionados, agás que nela non se estableza a esixencia deste requisito.

Estes concursantes deberán dirixi-la súa instancia de participación ó órgano que se determina na base décimo primeira.

6. Así mesmo, os profesores que no curso académico 2001/2002 estean desprazados do seu centro de destino definitivo por falta de horario ou presten servicios no seu centro noutra especialidade poderán concursar voluntariamente cos mesmo dereitos que os profesores suprimidos.

Esta situación acreditarase mediante certificación da dirección do instituto co visto e prace da inspección educativa.

Novena.-Participación forzosa.

1. Están obrigados a optar ás prazas anunciadas nesta convocatoria, dirixindo a súa instancia á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nos termos indicados na base décimo segunda, os

funcionarios que se atopen nalgunha das situacións que se indican a continuación:

a) Funcionarios que, procedentes da situación de excedencia ou suspensión de funcións, reingresasen con destino provisional no ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con anterioridade á data de publicación desta convocatoria.

No suposto de que non participen neste concurso ou non soliciten suficiente número de prazas vacantes, adxudicaráselles de oficio destino definitivo en prazas que poidan ocupar segundo as especialidades das que sexan titulares, en centros situados na Comunidade Autónoma.

De non adxudicárselles destino definitivo permanecerán na situación de destino provisional.

b) Os funcionarios que se atopen na situación de excedencia forzosa ou suspensión de funcións con perda do posto de destino e que, cumprida a sanción, non obtivesen un reingreso provisional, e que fosen declarados nestas situacións desde un centro dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Os funcionarios incluídos no parágrafo anterior, no suposto de non participaren neste concurso, ou se participando non solicitasen suficiente número de centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nos que corresponde impartir ensinanzas ó seu corpo, cando non obtivesen destino definitivo, quedarán na situación de excedencia voluntaria, prevista no punto 2º a) do artigo 55 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública galega.

c) Os funcionarios que, estando adscritos a prazas no exterior, deban reincoporarse ó ámbito territorial de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no curso 2002/2003, ou que, téndose reincorporado en cursos anteriores, non obtivesen un destino definitivo.

Os profesores que desexen exerce-lo dereito preferente á localidade a que se refire o artigo 52.2º do Real decreto 1027/1993, do 25 de xuño, deberán solicitar, de conformidade co establecido na base décima desta convocatoria, tódalas prazas ás que poidan optar en virtude das especialidades das que sexan titulares, correspondentes ós centros da localidade na que tiveron o seu último destino definitivo. No suposto de que non obteñan destino, quedarán adscritos provisionalmente á dita localidade.

d) Os funcionarios que perdesen o seu destino definitivo en cumprimento de sentencia ou resolución de recurso, ou por encontrarse en situación de desprazado ou suprimido do posto que desempeñaban con carácter definitivo.

Estes profesores poderán exerce-lo dereito preferente a centro a que se refire o artigo 41 do Real decreto 1701/1991, do 29 de novembro, na súa redacción dada polo Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, na forma que se indica na base décima desta convocatoria.

Así mesmo, poderán exerce-lo dereito preferente a localidade na forma que se indica na citada base décima.

Os profesores desprazados que non exerzan o dereito preferente á localidade por tódalas prazas para as que estean habilitados pasarán a situación de suprimidos.

e) Os profesores con destino provisional que durante o curso 2001/2002 estean prestando servicios en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e que figuren como tales na Resolución do 30 de maio de 2001 (DOG do 11 de xuño), pola que se resolvía o concurso de traslados do curso anterior. Estes funcionarios están obrigados a solicitar prazas da especialidade ou especialidades das que sexan titulares, podendo, ademais, incluír nas mesmas condicións postos ós que poidan optar en virtude das titulacións que posúan de acordo coas bases da convocatoria.

Ós profesores incluídos neste punto que non concursen ou que facéndoo non soliciten suficiente número de prazas vacantes adxudicaráselles de oficio destino definitivo en postos ós que poidan optar polas especialidades das que sexan titulares en centros situados na Comunidade Autónoma.

No caso de non obteren destino definitivo serán destinados provisionalmente pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo procedemento que se estableza.

f) Os funcionarios en prácticas que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 8 de marzo de 2001.

2. Os participantes no concurso pola letra f) do número anterior farano con cero puntos. A adxudicación de destino efectuarase polo número de orde co que figuran nos anexos da Orde do 10 de agosto de 2001.

A aqueles profesores que, debendo participar por esta letra f) non presenten instancias ou participando non soliciten suficiente número de centros, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adxudicaralles de oficio destino definitivo en prazas que poidan ocupar segundo as especialidades dos que sexan titulares ou, se é o caso, destino provisional.

O destino que puidese corresponderlles estará condicionado, se é o caso, á superación da fase de prácticas e o nomeamento como funcionario de carreira.

3. Quedan exceptuados da obrigatoriedade de concursar:

a) Os que, procedendo do corpo de mestres, accedesen ó corpo de profesores de ensino secundario a través do procedemento de acceso a corpos docentes de grupo superior e optasen por continuar no corpo de mestres.

A estes mestres, se están adscritos ó primeiro ciclo da educación secundaria obrigatoria na mesma especialidade pola que accederon ó corpo de profesores de ensino secundario, resultaralles de aplicación, se non participan neste concurso, o establecido na disposición adicional quinta da Orde do 15 de maio

de 1996, pola que se regula o proceso de adscrición dos funcionarios do corpo de mestres afectados pola implantación da educación primaria e do primeiro ciclo da educación secundaria obrigatoria.

b) Os funcionarios dos corpos de mestres ou profesores técnicos de formación profesional que accederon ó corpo de profesores de ensino secundario e optaron por permanecer no seu corpo de orixe.

c) Os profesores desprazados do instituto cando nel mesmo teña destino definitivo un profesor ou profesora da mesma especialidade nacido/a antes do 30 de setembro de 1937. Se existise máis dun profesor desprazado non está obrigado a concursar o que teña maior dereito, conforme os criterios establecidos no punto oitavo da Orde do 1 de outubro de 1998 (DOG do 9 de outubro).

Décima.-Dereitos preferentes.

Os profesores que se acollan ó dereito preferente farano constar nas súas instancias, indicando a causa na que apoian a súa petición.

Para os efectos de solicitude de prazas só se terán en conta os seguintes dereitos preferentes:

1. Dereito preferente a centro.

1.1. Dereito de retorno.

De conformidade co establecido no punto décimo oitavo da Orde do 1 de outubro de 1998, os profesores que fixesen reserva do dereito de retorno terán dereito preferente o seu centro de orixe nas especialidades das que sexan titulares, ou á praza de orixe do mesmo centro.

Para exercer este dereito preferente deberán consignar na solicitude de participación, en primeiro lugar, o código do centro e especialidade á que corresponda a vacante, podendo consignar, ademais, outras peticións correspondentes a prazas ás que poidan optar en virtude das especialidades das que sexan titulares, ou da titulación que posúan, se desexan concursar a el fóra do dereito preferente.

1.2. Dereito preferente a prazas, no centro no que teñan destino definitivo, da nova especialidade adquirida en virtude dos procedementos selectivos convocados para tal efecto ó amparo do título III do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño.

De conformidade co disposto na disposición adicional décimo terceira.1 do Real decreto 2112/1998, do 2 de outubro, os funcionarios de carreira que adquirisen unha nova especialidade ó ser declarados aptos nos procedementos selectivos convocados, para tal efecto, gozarán de preferencia, por unha soa vez, e con ocasión de vacante, para obter destino en prazas da nova especialidade adquirida no centro onde teñan destino definitivo, sen prexuízo do establecido no punto 1.1 e 1.3 desta base. Para exercer este dereito preferente, deberán consignar na solicitude de participación, en primeiro lugar, o código do centro e especialidade á que corresponda a vacante, podendo consignar, ademais, outras peticións correspondentes a prazas ás que poidan optar en virtude das especialidades das que sexan titulares, ou da titulación que posúan, se desexan concursar a elas fóra do dereito preferente.

1.3. Dereito preferente para obter postos no centro donde tiveron destino definitivo.

De conformidade co disposto na disposición adicional décimo terceira. 2 do Real decreto 2112/1998, do 2 de outubro, os profesores desprazados do posto de traballo no que teñan destino definitivo gozarán, mentres se manteña esta circunstancia, de dereito preferente ante calquera outro aspirante para obter calquera outro posto no mesmo centro, sempre que reúnan os requisitos esixidos para o seu desempeño.

Cando concorran dous ou máis profesores nos que se dea a circunstancia sinalada no parágrafo anterior, adxudicaráselle a praza ó profesor que conte con maior puntuación neste concurso de traslados.

O profesorado que desexe exercer este dereito deberá consignar na instancia de participación, en primeiro lugar, o código do centro e especialidade á que corresponda a vacante. Igualmente, deberán incluír a continuación outras peticións correspondentes a prazas doutros centros da localidade ás que poidan optar en virtude das especialidades das que sexan titulares e da titulación que posúen.

1.4. Dereito preferente para a adscrición a prazas de economía.

De conformidade co establecido na disposición transitoria segunda, terceira e quinta do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, os profesores que teñan destino definitivo no centro terán preferencia para seren adscritos ás prazas de economía. Se desexan exercer este dereito deberán consignar na súa instancia de participación, en primeiro lugar, o código do centro e especialidade á que corresponde a vacante.

Poderán incluír a continuación outras peticións correspondentes a prazas ás que poidan optar en virtude das especialidades das que sexan titulares, se desexan concursar a elas fóra do dereito preferente.

2. Dereitos preferentes á localidade.

2.1. Os profesores que resultasen desprazados ou suprimidos no proceso de adscrición regulado pola Orde do 1 de outubro terán dereito preferente á localidade na que estaba situado o seu centro. Así mesmo, terán dereito preferente os profesores desprazados do seu centro no curso 2001/2002 por falta de horario ou que estean prestando servicios no seu centro noutra especialidade.

Para que o dereito preferente teñan efectividade, os solicitantes están obrigados a consignar na súa instancia de participación, en primeiro lugar, tódalas prazas correspondentes ás especialidades ás que poidan optar dos centros convocados no concurso de traslados dentro da localidade na que aspiren a exerce-lo dereito preferente, relacionados por orde de preferencia.

2.2. Dereitos preferentes á localidade previstos no Real decreto 1027/1993, do 25 de xuño, polo que se regula a acción educativa no exterior.

2.3. Os funcionarios que gocen do dito dereito poderán facer uso del para a localidade onde tiveron o seu último destino definitivo no corpo. Para que

o dereito preferente teña efectividade, os solicitantes están obrigados a consignar na súa instancia de participación, en primeiro lugar, tódalas prazas correspondentes ás especialidades ás que poidan optar dos centros convocados no concurso de traslados dentro da localidade na que aspiren a exerce-lo dito dereito, relacionados por orde de preferencia.

2.4. Os concursantes por este punto 2, no caso de que se omitisen algúns dos centros da localidade onde desexen exerce-lo dereito preferente, a Administración, de oficio, consignará os centros restantes da dita localidade.

Poderán incluír a continuación outras peticións correspondentes a prazas ás que poidan optar en virtude das especialidades das que sexan titulares, se desexan concursar a elas fóra do dereito preferente.

Décimo primeira.-Forma de participación.

1. Aínda que se concurse por máis dunha especialidade, os concursantes presentarán unha única instancia, xunto cunha fotocopia desta e unha folla de alegación e autobaremación, axustada ó modelo que se atopará á disposición dos interesados nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e simultaneamente presentarán, para a demostración dos méritos, os documentos que se indican no baremo que aparece como anexo V ou VI a esta orde, en cada un dos cales deberá facerse constar nome, apelidos, especialidade e corpo.

Coa finalidade de reducir e simplifica-los trámites administrativos que deben realiza-los concursantes, os que participaron nos concursos de traslados convocados nos últimos oito anos e non retiraron a documentación presentada, non deberán acreditar ningún dos méritos alegados e xustificados.

Estes participantes deberán achegar unicamente a documentación dos méritos entón non alegados e non xustificados debidamente ou, se é o caso, a documentación correspondente ós méritos perfeccionados con posterioridade á súa última participación no concurso de traslados.

Os participantes que opten por que se lles valore a mesma documentación acreditativa dos méritos entón alegados e non retirados, deberán, non obstante, alegalos no epígrafe correspondente da folla de alegación e autobaremación, na que, así mesmo, relacionarán os novos méritos agora alegados e achegados.

A instancia dirixirase á Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

No momento de presentación da instancia de participación os méritos alegados deberán ser xustificados documentalmente, segundo determina o baremo, consignando os datos ós que se refire o primeiro parágrafo desta base.

Os aspirantes que soliciten prazas que estean condicionadas á posesión dun título académico determinado, deberán achegar, ademais, fotocopia do título académico correspondente.

Tódalas fotocopias que se remitan deberán ir xunto coas dilixencias de compulsa, expedidas polos directores dos centros ou das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Non se admitirá ningunha fotocopia que careza da dilixencia de compulsa.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá requirir do interesado, en calquera momento, a xustificación daqueles méritos alegados que non fosen debidamente acreditados.

Aínda que se concorra a prazas de diferentes especialidades, só poderá obterse un único destino.

2. Os funcionarios docentes que participaron no concurso de traslados convocado pola Orde do 10 de outubro de 2000 e non obtiveron destino poderán optar pola puntuación outorgada no concurso anterior incrementada en dous puntos no punto 1.2.1 e os puntos que correspondan no punto 1.2.4 ou 1 punto no 1.2.5 e, se é o caso, no 1.1.2.

Así mesmo, poderán achegarse novos documentos para ser baremados sempre que estén datados con posterioridade ó 14 de novembro de 2000.

Para tal fin, as comisións que valoraron os méritos subxectivos serán as mesmas que o ano anterior, agás causa de forza maior. Estas comisións utilizarán os mesmos criterios que no concurso anterior, sen prexuízo de que previamente se proceda á unificación de criterios no número 1.4.2 do baremo.

Os profesores que opten por esta puntuación presentarán o anexo XIV. Se ademais presentan novos documentos achegarán tamén o anexo XV.

Décimo segunda.

As instancias, orixinal e copia, así como a documentación á que se alude no punto anterior, poderanse presentar nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou en calquera das dependencias ás que alude o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que optasen por presenta-la súa solicitude ante unha oficina de correos, farano en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

Décimo terceira.

O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de vinte días naturais, contados a partir da publicación desta orde no DOG. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha solicitude.

Unha vez concluído o prazo de presentación de instancias non se admitirá ningunha modificación ás peticións formuladas. Non obstante, admitiráselles renuncia a participaren no concurso de traslados ós concursantes con carácter voluntario no prazo establecido para as reclamacións á lista provisional, na base décimo sétima, entendendo que tal renuncia afecta a tódalas peticións e especialidades consignadas na súa instancia de participación.

Décimo cuarta.

Os asinantes das instancias deberán manifestar nelas, de modo expreso, que reúnen os requisitos esixidos na convocatoria, consignando os centros que soliciten por orde de preferencia, cos números de código e especialidade que figuran nos anexos a esta orde.

Décimo quinta.

Para a avaliación dos méritos alegados polos concursantes, no que se refire ós puntos 1.4.2 e 2.1 do baremo de puntuacións, anexo V e punto 1.2.3, 1.3.2 e 2.1 do anexo VI a esta orde, a Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria designará as mesmas comisións dictaminadoras que no concurso anterior, agás causa de forza maior.

Ademais, poderá asistir ás comisións dictaminadoras un representante de cada organización sindical con presencia na mesa sectorial docente non universitaria, con voz e sen voto.

As comisións dictaminadoras poderán solicita-lo asesoramento que consideren oportuno.

Os membros das comisións estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A asignación da puntuación que lles corresponde ós concursantes, polos restantes epígrafes do baremo de méritos, levarase a efecto por unha comisión constituída por funcionarios destinados na unidade de persoal da Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría primeira para efectos do previsto no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

Décimo sexta.

Unha vez recibidas na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as actas das comisións dictaminadoras, coas puntuacións asignadas ós concursantes, procederase, conforme as peticións e os méritos dos participantes, á adxudicación dos destinos, e faranse públicas, nas súas delegacións provinciais, as resolucións provisionais dos concursos de traslados.

No caso de producirse empates no total das puntuacións, estes resolveranse atendendo sucesivamente á maior puntuación en cada un dos epígrafes do baremo conforme a orde na que aparecen nel. Se persistise o empate atenderase á puntuación obtida nos distintos subepígrafes pola orde, igualmente, que aparecen no baremo. En ámbolos casos, a puntuación que se tome en consideración en cada epígrafe non poderá exceder da puntuación máxima establecida para cada un deles no baremo, nin, no suposto dos subepígrafes, a que corresponda como máximo ó epígrafe no que se atopen incluídos. Cando, ó aplicar estes criterios, algún ou algúns dos subepígrafes alcance a máxima puntuación outorgada ó epígrafe ó que pertence, non se tomarán en consideración as puntuacións do resto de subepí

grafes. De resultar necesario, empregaranse como criterios de desempate o ano no que se convocou o procedemento selectivo a través do cal se ingresou no corpo e a puntuación pola que resultou seleccionado.

Décimo sétima.

Os concursantes poderán presentar reclamacións ás resolucións provisionais no prazo de cinco días a partir da súa exposición.

Así mesmo, no mesmo prazo, poderán presentar renuncia á súa participación no concurso nas condicións establecidas na base décimo terceira desta convocatoria. Estas reclamacións ou renuncias presentaranse polos procedementos ós que alude a base décimo terceira.

Non obstante, serán válidas as reclamacións e renuncias presentadas con anterioridade ó dito prazo.

Décimo oitava.

Consideradas as reclamacións e renuncias ás que se refire a base anterior, a Dirección Xeral de Persoal procederá a dicta-las resolucións definitivas destes concursos de traslados. A dita resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia. As prazas adxudicadas na dita resolución son irrenunciables, polo que os participantes deberán incorporarse ás prazas obtidas.

Contra a resolución definitiva os interesados poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria segundo establecen os artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

Décimo novena.

Os profesores excedentes, que reingresen ó servicio activo como consecuencia do concurso, presentarán ante a delegación provincial da que dependa o centro obtido mediante o concurso de traslados declaración xurada ou promesa de non se atoparen separados de ningún corpo ou escala da Administración do Estado, das comunidades autónomas ou da local, en virtude de expediente disciplinario, e de non estaren inhabilitados para o exercicio de funcións públicas.

Vixésima.

A toma de posesión dos novos destinos terá efectividade administrativa do 1 de setembro de 2002. Non obstante, os profesores que obtivesen destino nestes concursos deberán permanecer nos seus centros de orixe ata que conclúan as actividades imprescindibles previstas para a finalización do curso.

Vixéxima primeira.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO V

Baremo de prioridades na adxudicación de destino nos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

MéritosValoraciónDocumentos xustificativos (1)

I. Méritos expresamente indicados na disposición adicional novena.4 da LOXSE.

1.1. Condición de catedrático.

1.1.1. Por ter adquirida a condición de catedrático.

6 puntosFotocopia cotexada do título administrativo ou credencial ou, se é o caso, o boletín ou diario oficial no que apareza o seu nomeamento.

1.1.2. Por cada ano de antigüidade na condición de catedrático.

Para estes efectos a antigüidade na condición de catedrático, con anterioridade á entrada en vigor da LOXSE, será a que se corresponda cos servicios efectivamente prestados nos corpos de catedráticos, e no de profesores de termo de escolas de artes aplicadas e oficios artísticos.

0,50 puntosFotocopia cotexada do título administrativo ou credencial coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2. Antigüidade (ver nota primeira).

1.2.1. Por cada ano de servicios efectivos prestados na situación de servicio activo como funcionario de carreira no corpo ó que corresponda a vacante.

2 puntosFotocopia cotexada do título administrativo ou credencial coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2.2. Por cada ano de servicios efectivos como funcionario de carreira noutros corpos ou escalas docentes ós que se refire a LOXSE do mesmo ou superior grupo.1,50 puntosFotocopia cotexada do título administrativo ou credencial coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2.3. Por cada ano de servicios efectivos como funcionario de carreira noutros corpos ou escalas docentes ós que se refire a LOXSE de grupo inferior.0,75 puntosFotocopia cotexada do título administrativo ou credencial coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2.4. Por cada ano consecutivo como funcionario con destino definitivo na mesma praza do centro desde o que se concursa ou no posto ó que se estea adscrito no estranxeiro, na función inspectora ó amparo da disposición adicional décimo quinta da Lei de medidas para a reforma da función pública, ou noutros postos, servicios de investigación ou apoio á docencia, dependentes da Administración educativa, sempre que estas situacións de adscrición impliquen perda do seu destino docente.

No suposto de adscrición, o tempo que transcorre desde a súa finalización ata a participación neste concurso será valorado polo punto 1.2.5 (ver nota segunda).

Título administrativo, coa dilixencia de posesión no centro desde o que se concursa.

Polo primeiro e segundo ano:2 puntos por ano

Polo terceiro ano:3 puntos

Polo cuarto e quinto ano:4 puntos por ano

Polo sexto ano:5 puntos

Polo sétimo e oitavo ano:4 puntos por ano

Polo noveno ano:3 puntos

Polo décimo e seguintes:2 puntos por ano

Son unicamente computables por este epígrafe os servicios prestados como funcionario de carreira no corpo polo que concursa.

Para os funcionarios obrigados a concursar por teren perdido o seu destino definitivo en cumprimento de sentencia ou resolución de recurso, por proviren da situación de excedencia forzosa ou, se é o caso, por supresión expresa con carácter definitivo da súa praza, ou por teren sido desprazados dos seus centros, considerarase como praza desde a que participan, para os fins de determina-los servicios ós que se refire este epígrafe, a última servida con carácter definitivo, ós que se acumularán, se é o caso, os prestados provisionalmente, con posterioridade, en calquera praza. Terán dereito, ademais, a que se lles acumulen á praza de procedencia os servicios prestados con carácter definitivo na praza inmediatamente anterior a aquela que lles foi suprimida. Para o caso de profesores afectados por supresións consecutivas de prazas, esa acumulación comprenderá os servicios prestados con carácter definitivo nas prazas que, sucesivamente, lles foron suprimidas.

No suposto de que o profesor afectado non tivese desempeñado outro destino definitivo, terá dereito a que se lle acumule, para os efectos sinalados, a seguinte puntuación: 1 punto por cada ano con destino provisional.

Igualmente, os ditos criterios serán de aplicación ós funcionarios que participen desde o destino adxudicado no cumprimento de sanción disciplinaria de traslado con cambio de residencia.

Os funcionarios que se atopen prestando servicios no primeiro destino definitivo obtido despois de lles suprimiren a praza da que eran titulares terán dereito a que se lles consideren como prestados no centro desde o que concursa os servicios que acrediten no centro no que se lles suprimiu a praza e, se é o caso, os prestados con carácter provisional con posterioridade á citada supresión. Este mesmo criterio aplicarase ós que se atopen prestando servicios no primeiro destino definitivo obtido despois de teren perdido o seu destino por cumprimento de sentencia ou resolución de recurso, ou por provir da situación de excedencia forzosa.

1.2.5. Os funcionarios de carreira en expectativa de destino, e os que participando por primeira vez con carácter voluntario opten na súa solicitude pola puntuación correspondente a este subepígrafe en substitución da correspondente ó subepígrafe 1.2.4, na forma que se especifica na nota terceira deste baremo.

Por cada ano de servicio.

1 puntoTítulo administrativo coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

MéritosValoraciónDocumentos xustificativos (1)

1.2.6. Cando a praza con carácter defintivo desde a que participa teña a cualificación como de especial dificultade por estar situada en centro de atención educativa preferente, engadirase á puntuación do subepígrafe 1.2.4 a seguinte puntuación:

Polo primeiro e segundo ano:

1 punto por ano

Polo terceiro ano:1,50 puntos

Polo cuarto, quinto, sexto, séptimo e oitavo ano:2 puntos por ano

Polo noveno ano:1,50 puntos

Polo décimo e seguintes:1 punto por ano

1.3. Méritos académicos.

Unicamente se terán en conta para os efectos da súa valoración os títulos con validez oficial no Estado español.

Máximo 10 puntos

1.3.1. Doutoramento e premios extraordinarios:

* Por ter obtido o título de doutor na titulación alegada para ingreso no corpo desde o que se concursa.

5 puntosFotocopia cotexada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición de acordo co previsto na O.M. do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13).

* Por premio extraordinario no doutoramento da titulación alegada para ingreso no corpo desde o que se concursa.1 puntoDocumento xustificativo del.

* Por premio extraordinario na titulación alegada para ingreso no corpo desde ó que se concursa.0,50 puntosDocumento xustificativo del.

-Polo título de doutor noutras licenciaturas.3 puntosDocumento xustificativo del.

-Polo premio extraordinario noutro doutoramento.0,50 puntosDocumento xustificativo del.

-Polo premio extraordinario noutras licenciaturas.0,25 puntosDocumento xustificativo del.

1.3.2. Outras titulacións universitarias.

A posesión e titulacións que figuren no catálogo oficial de títulos universitarios valoraranse da forma seguinte:

* Titulacións de primeiro ciclo: pola segunda e restantes diplomaturas, enxeñerías técnicas, arquitecturas técnicas ou títulos declarados legalmente equivalentes e polos estudios correspondentes ó primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñería.

3 puntosTítulos que se posúan ou, de se-lo caso, certificados do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na O.M. do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13). No caso de estudios correspondentes ós primeiros ciclos, certificacións académicas nas que se acredite a superación deles.

En ningún caso se valorará o primeiro título ou estudios desta natureza que posúa o candidato.

* Titulacións de segundo ciclo: polos estudios correspondentes ó segundo ciclo de licenciaturas, enxeñerías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes.

3 puntos

No caso de funcionarios pertencentes a corpos docentes do grupo A, non será valorable en ningún caso o primeiro título ou estudios desta natureza que posúa o candidato.

1.3.3. Titulacións de ensi-nanzas de réxime especial.

As titulacións das ensinanzas de réxime especial outorgadas polas escolas oficiais de idiomas e conservatorios de música ou danza valoraranse da forma seguinte:-Música e danza: grao medio.

1 puntoTítulos que se posúan ou, de se-lo caso, certificados do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na O.M. do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13).

-Escolas oficiais de idiomas:

Ciclo elemental:

Ciclo superior:

1 punto

1 punto

1.4. Formación e perfeccionamento.Máximo 5 puntos

1.4.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos da especialidade correspondentes ás prazas ás que opte o participante, ou relacionados coa organización escolar ou coas novas tecnoloxías aplicables á educación, organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologados ou recoñecidos polas administracións anteditas, así como os organizados polas universidades.Ata 4 puntosCertificado deles nos que conste de modo expreso o número de horas de duración do curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.

-Puntuarase 0,10 puntos por cada 10 horas de curso superados acreditados. Para estes efectos sumaranse as horas de tódolos cursos e non se puntuará o resto do número de horas inferiores a 10. Cando os cursos viñesen expresados en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

1.4.2. Por outras actividades de formación e perfeccionamento en materia educativa, incluída a impartición de cursos.Ata 1 puntoCertificación delas.

1.4.3. Por cada especialidade da que sexa titular correspondente ó corpo polo que se concursa distinta á de ingreso nel, adquirida a través do procedemento de adquisición de novas especialidades regulado no título III do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño.1 puntoCredencial de adquisición da nova especialidade.

II. Outros méritos. Máximo 20 puntos.

2.1. Publicacións (ver nota cuarta).Ata 5 puntos

2.1.1. Por publicacións de carácter didáctico sobre disciplinas obxecto do concurso ou directamente relacionadas con aspectos xerais ou transversais do currículo ou coa organización escolar.Ata 2,50 puntosOs exemplares correspondentes.

Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consigna-lo ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, carezan del, non serán valoradas.

MéritosValoraciónDocumentos xustificativos (1)

2.1.2. Por publicacións de carácter científico e proxectos e innovacións técnicas sobre as disciplinas obxecto do concurso.

Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consigna-lo ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, carezan del, non serán valoradas.

Ata 2,50 puntosOs exemplares correspondentes.

2.1.3. Méritos artísticos:

2. Por premios en exposicións ou en concursos de ámbito autonómico, nacional ou internacional.-Por composicións estreadas como autor, publicacións, concertos como solistas ou gravacións con depósito legal, por premios en certames ou en concursos de ámbito autonómico, nacional ou internacional.

Ata 2,50 puntosOs programas, críticas, os exemplares correspondentes e, se é o caso, a acreditación de ter obtidos os premios correspondentes.

2.2. Valoración por traballos desenvolvidos (ver nota quinta).Ata 10 puntosNomeamento con dilixencia de posesión e cesamento ou, de se-lo caso, certificación na que conste que este curso se continúa no cargo.

2.2.1.

* Por cada ano como director en centros públicos ós que correspondan as vacantes ofertadas (ver nota sexta do baremo).

3 puntos

* Por cada ano como director en centros de formación continuada do profesorado ou institucións análogas establecidas polas comunidades autónomas no exercicio das súas competencias en materia educativa como funcionario de carreira do corpo polo que participan.3 puntosNomeamento con dilixencia de posesión e cesamento ou, de se-lo caso, certificación na que conste que este curso se continúa no cargo.

2.2.2. Por cada ano como vicedirector, subdirector, secretario ou xefe de estudios e asimilados en centros públicos ós que correspondan as vacantes ofertadas (ver nota sexta do baremo).2 puntosNomeamento con dilixencia de posesión e cesamento ou, de se-lo caso, certificación na que conste que este curso se continúa no cargo.

2.2.3. Por cada ano noutros cargos directivos de centros públicos ós que correspondan as vacantes ofertadas (ver nota sexta do baremo).1 puntoDocumento xustificativo do nomeamento con expresión da duración real do cargo ou, se é o caso, certificación na que conste que este curso se continúa no cargo.

2.2.4. Por cada ano como xefe de seminario, coordinador de formación en centros de traballo, departamento ou división de centros públicos de ensino secundario, bacharelato, adultos, formación profesional, artísticas e idiomas e asesor de formación permanente.0,50 puntosDocumento xustificativo do nomeamento con expresión da duración real do cargo ou, se é o caso, certificación na que conste que este curso se continúa no cargo.

2.2.5. Por cada ano de servicios desempeñando postos na Administración educativa de nivel de complemento de destino igual ou superior ó asignado ó corpo polo que se participa.1,50 puntosDocumento xustificativo do nomeamento con dilixencias de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación de que continúa no posto.

(1) Salvo que se especifique o contrario son fotocopias cotexadas.

Notas

Primeira.-Valoración da antigüidade.

1. Os servicios aludidos nos puntos 1.2.2. e 1.2.3. non serán tidos en conta nos anos en que fosen simultáneos entre si ou, cos servicios dos puntos 1.2.1., 1.2.4. ou 1.2.5.

2. Para os efectos dos puntos 1.2.1. e 1.2.4. serán computados os servicios que se tivesen prestado en situación de servicios especiais, expresamente declarados como tales nos epígrafes previstos no artigo 29.2º da Lei 39/1984, do 2 de agosto, así como as situacións de idéntica natureza establecida por disposicións anteriores á Lei 30/1984, do 2 de agosto. Igualmente serán computados, para estes efectos, os anos de excedencia por coidado de fillo, declarada de acordo co artigo 55.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Segunda.-Centro desde o que se solicita participar no concurso.

Para efectos do punto 1.2.4. do baremo, considerarase como centro desde o que se solicita participar no concurso aquel ó que pertenza o aspirante con destino definitivo, ou no que está adscrito, sempre que esta situación implique perda do seu destino docente, sendo unicamente computables por este epígrafe os servicios prestados como funcionario de carreira no corpo ó que corresponda a vacante. Quedan exceptuados do disposto no parágrafo anterior os funcionarios obrigados a concursar por teren per

dido o seu destino definitivo en cumprimento de sentencia ou resolución de recurso, por proviren de excedencia forzosa ou por supresión do seu posto de traballo nos termos establecidos na convocatoria. A estes funcionarios seralles de aplicación o disposto para tal efecto no punto 1.2.4. do baremo.

Terceira.-Funcionarios de carreira que participan por primeira vez con carácter voluntario.

Os funcionarios de carreira que participen por primeira vez con carácter voluntario poderán optar, indicándoo na súa instancia de participación, pola puntuación correspondente ó punto 1.2.4. deste baremo ou polo seu punto 1.2.5.

No caso de exerceren a opción polo punto 1.2.5. puntuaránselles por este, ademais dos anos de servicio prestados como funcionario de carreira en expectativa de destino, os que prestasen no centro desde o que participan cun destino definitivo.

No suposto de non manifestaren opción ningunha na instancia de participación, entenderase que optan pola puntuación correspondente ó punto 1.2.4. deste baremo.

Cuarta.-Publicacións.

Por cada mérito presentado de acordo cos puntos 2.1.1. e 2.1.2. do baremo de méritos, só se poderá puntuar por un deles.

Quinta.-Valoración do traballo desenvolvido.

1. Polos puntos 2.2.1., 2.2.2., 2.2.3., 2.2.4. e 2.2.5. só se valorará o desempeñado/exercido como funcionario de carreira.

2. A valoración do traballo desenvolvido cando se atope referida a centros de adultos, só se valorará cando nos ditos centros se impartisen as mesmas ensinanzas que se imparten nos centros ós que se refire este epígrafe.

3. Para os efectos previstos nos puntos 2.2.1., 2.2.2. e 2.2.3. do baremo de méritos, consideraranse centros públicos asimilados ós centros públicos de ensino secundario os seguintes:

-Institutos de bacharelato.

-Instituto de formación profesional.

-Centros de adultos, sempre que impartan as mesmas ensinanzas que nos centros ós que se refiren estes epígrafes.

-Centros de ensinanzas integradas.

4. Para os efectos previstos no punto 2.2.2. do baremo de méritos, consideraranse como cargos directivos asimilados, alomenos, os seguintes:

-Os cargos aludidos neste epígrafe desempeñados en seccións de formacións profesional.

-Xefe de estudios adxunto.

-Xefe de residencia.

-Delegado do xefe de estudios de instituto de bacharelato ou similares en comunidades autónomas.

-Director-xefe de estudios de sección delegada.

-Director de sección filial.

-Director de centro oficial de padroado de ensino medio.

-Administrador en centros de formación profesional.

-Profesor delegado no caso da sección de formación profesional.

5. Polo punto 2.2.3. do baremo de méritos puntuaranse, polo menos, os seguintes cargos directivos:

-Vicesecretario.

-Delegado xefe de estudios nocturnos en sección delegada.

-Delegado do secretario en extensións de institutos de bacharelato ou similares en comunidades autónomas.

-Director, xefe de estudios ou secretario de centros homologados de convenio con corporacións locais.

-Director de colexio libre adoptado con número de rexistro de persoal.

-Secretario de centro oficial de padroado de ensino medio.

6. Cando se produza desempeño simultáneo de cargos, non poderá acumularse a puntuación.

Sexta.-Cómputo por cada mes fracción de anos.

Nos seguintes puntos, por cada mes/fracción de anos sumaranse as seguintes puntuacións: no punto 1.1.2., 0,04; no 1.2.1., 0,16; no 1.2.2., 0,12; no 1.2.3., 0,06; no 2.2.1., 0,25; no 2.2.2., 0,16; no 2.2.3., 0,08; no 2.2.4., 0,04; no 2.2.5., 0,12.

En ningún dos demais casos se puntuarán fraccións de ano.

ANEXO VI

Baremo de prioridades na adxudicación de destino nos corpos de catedráticos e profesores de música e artes escénicas.

MéritosValoraciónDocumentos xustificativos (1)

I. Méritos expresamente indicados na disposición adicional novena 4 de la LOXSE.

Antigüidade (ver nota primeira).

1.1.1. Por cada ano de servicios efectivos prestados na situación de servicio activo como funcionario de carreira no corpo ó que corresponda a vacante.

2 puntosTítulo administrativo ou credencial con dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.1.2. Por cada ano de servicios efectivos como funcionario de carreira noutros corpos ou escalas docentes ós que se refire a LOXSE do mesmo ou superior grupo.1,5 puntosTítulo administrativo ou credencial con dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.1.3. Por cada ano de servicios efectivos como funcionario de carreira noutros corpos ou escalas docentes ós que se refire a LOXSE de grupo inferior.0,75 puntosTítulo administrativo ou credencial con dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.1.4. Por cada ano consecutivo como funcionario con destino definitivo na mesma praza do centro desde o que se concursa ou no posto ó que se estea adscrito temporalmente no estranxeiro, na función de inspector ó amparo da disposición adicional décimo quinta da Lei de medidas para a reforma da función pública, ou noutros postos, servicios de investigación ou apoio á docencia, dependentes da Administración educativa, sempre que estas situacións de adscrición impliquen perda do seu destino docente.Título administrativo e, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

MéritosValoraciónDocumentos xustificativos (1)

Nos supostos de adscrición, o tempo que transcorre desde a súa finalización ata a participación neste concurso será valorado polo punto 1.1.5. (ver nota segunda).

Polo primeiro e segundo ano:

2 puntos por ano

Polo terceiro ano:3 puntos

Polo cuarto e quinto ano:4 puntos por ano

Polo sexto ano:5 puntos

Polo sétimo e oitavo ano:4 puntos por ano

Polo noveno ano:3 puntos

Polo décimo e seguintes.2 puntos por ano

Son unicamente computables por este epígrafe os servicios prestados como funcionario de carreira no corpo ó que corresponda a vacante.

Para os funcionarios obrigados a concursar por teren perdido o seu destino definitivo en cumprimento de sentencia ou resolución de recurso, por proviren da situación de excedencia forzosa ou, se é o caso, por supresión expresa con carácter definitivo nos termos en que se establezan en cada convocatoria, da súa praza, ou por teren sido desprazados de seus centros nos termos que igualmente estableza cada convocatoria, considerarase como praza desde a que participan, para os fins de determina-los servicios ós que se refire este epígrafe, a última servida con carácter definitivo, ós que se acumularán, se é o caso, os prestados provisionalmente, con posterioridade, en calquera praza. Terán dereito, ademais, a que se lles acumulen á praza de procedencia os servicios prestados con carácter definitivo na praza inmediatamente anterior a aquela que lles foi suprimida. Para o caso de profesores afectados por supresións consecutivas de prazas, esa acumulación comprenderá os servicios

prestados con carácter definitivo nas prazas que sucesivamente lles foron suprimidas.

No suposto de que o profesor afectado non tivese desempeñado outro destino definitivo, terá dereito a que se lle acumule para os efectos sinalados, a seguinte puntuación:

1 punto por cada ano con destino provisional.

Igualmente, os ditos criterios serán de aplicación ós funcionarios que participen desde o destino adxudicado en cumprimento de sanción disciplinaria de traslado con cambio de residencia.

1.1.5. Os funcionarios de carreira en expectativa de destino e os que, participando por primeira vez con carácter voluntario, opten na súa solicitude pola puntuación correspondente a este subepígrafe en substitución da correspondente ó subepígrafe 1.1.4., na forma que se especifica na nota terceira deste baremo (ver nota terceira).

Por cada ano de servicio:

1 puntoTítulo administrativo con dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2. Méritos académicos.Máximo 10 puntos

1.2.1. Por premios extraordinarios:-Por premio no último curso de grao superior da especialidade pola que se concursa.5 puntosDocumento xustificativo del.

-Por mención honorífica no grao superior da especialidade correspondente ó ingreso no corpo desde o que se concursa.3 puntosDocumento xustificativo del.

-Por premio fin de grao medio da especialidade correspondente ó título alegado para o ingreso no corpo desde o que se concursa.5 puntosDocumento xustificativo del.

-Por mención honorífica fin de grao medio da especialidade ó título alegado para o ingreso no corpo desde o que se concursa.3 puntosDocumento xustificativo del.

-Por premio ou mención honorífica nas especialidades diferentes ás alegadas para o ingreso no corpo desde o que se concursa.1 puntoDocumento xustificativo del.

1.2.2. Por outras titulacións:

Unicamente se terán en conta, para efectos da súa valoración, os títulos con validez oficial no Estado español.

Títulos que posúa ou, se é o caso, os certificados do aboamento dos dereitos de expedición de acordo co previsto na O.M. do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13).

-Por cada título de profesor, profesor superior de conservatorio, escola superior de danza, canto ou arte dramática diferente ó alegado para o ingreso no corpo desde o que se concursa.

Polo primeiro:

3 puntos

Polos restantes:1 punto

1.2.3. Méritos artísticos:-Por composicións estreadas como autor, publicacións ou gravacións con depósito legal, por premios en certames ou en concursos de ámbito autonómico, nacional ou internacional.Máximo 2,50 puntos

Os programas, críticas, exemplares correspondentes e, se é o caso, a acreditación de ter obtidos os premios correspondentes.

-Por concertos como director, solista, solista na orquestra ou en agrupacións camerísticas (dúos, tríos, cuartetos...) realizados nos últimos cinco anos.Máximo 2,50 puntos

1.3. Formación perfeccionamento e innovación.Máximo 5 puntos

1.3.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos das especialidades correspondentes ás prazas ás que opte o participante, organizados polas administracións educativas que se atopen no pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologados ou recoñecidos polas administracións anteditas, así como os organizados polas universidades.Ata 4 puntosCertificado deles no que conste de modo expreso o número de horas de duración do curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse, de forma que faga fe, o recoñecemento de homologación.

-Computaranse 0,10 puntos por cada 10 horas de curso superado e acreditado. Para estes efectos sumaranse as horas de tódolos cursos e non se puntuará o resto do número de horas inferiores a 10 horas. Cando os cursos viñesen expresados en créditos entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

1.3.2. Por outras actividades de formación e perfeccionamento en materia educativa, incluída a impartición de cursos.Ata 1 puntoCertificación delas.

1.3.3. Por cada especialidade da que sexa titular correspondente ó corpo polo que se concursa distinta á de ingreso nel, adquirida a través do procedemento de adquisición de novas especialidades regulado no título III do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño.1 puntoCredencial da adquisición da nova especialidade.

MéritosValoraciónDocumentos xustificativos (1)

Epígrafe II. Outros méritos.Máximo 20 puntos

2.1. Publicacións (ver nota cuarta).Ata 5 puntos

2.1.1. Por publicacións de carácter didáctico sobre disciplinas obxecto do concurso ou directamente relacionadas con aspectos xerais ou transversais do currículo ou coa organización escolar.

Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consigna-lo ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, carezan del, non serán valoradas.

Ata 2,5 puntosOs exemplares correspondentes.

2.1.2. Por publicacións de carácter científico e proxectos e innovacións técnicas sobre as disciplinas obxecto do concurso.

Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consigna-lo ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, carezan del, non serán valoradas.Ata 2,5 puntosOs exemplares correspondentes.

2.1.3. Méritos artísticos:-Por premios en exposicións ou en concursos de ámbito autonómico, nacional ou internacional.Ata 2,50 puntos

Os programas, críticas e, se é o caso, a acreditación de ter obtidos os premios correspondentes.

2.2. Valoración por traballos desenvolvidos (ver nota quinta).Ata 10 puntos

2.2.1. Por cada ano como director en centros públicos ós que corresponda a vacante (ver nota sexta do baremo).3 puntosNomeamento con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación na que conste que este curso se continúa no cargo.

2.2.2. Por cada ano como vicedirector, subdirector, secretario ou xefe de estudios ou secretario e asimilados de centros públicos ós que corresponda a vacante (ver nota sexta do baremo).2 puntosNomeamento con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación na que conste que este curso se continúa no cargo.

2.2.3. Por cada ano noutros cargos directivos de centros públicos ós que corresponda a vacante (ver nota sexta do baremo).1 puntoDocumento xustificativo do nomeamento con expresión da duración real do cargo.

2.2.4. Por cada ano de desenvolvemento de cargo de coordinación didáctica.0,50 puntosDocumento xustificativo do nomeamento con expresión da duración real do cargo.

2.2.5. Por cada ano de servicios desempeñando postos na Administración educativa de nivel de complemento de destino igual ou superior ó asignado ó corpo polo que se participa.1,50 puntosDocumento xustificativo do nomeamento con expresión da duración real do cargo.

(1) Salvo que se especifique o contrario son fotocopias cotexadas.

Notas

Primeira.-Valoración da antigüidade.

1. Os servicios aludidos nos puntos 1.1.2. e 1.1.3. non serán tidos en conta nos anos en que fosen simultáneos entre si ou cos servicios dos puntos 1.1.1., 1.1.4. ou 1.1.5.

2. Para os efectos dos puntos 1.1.1. e 1.1.4. serán computados os servicios que se tivesen prestado en situación de servicios especiais, expresamente declarados como tales nos epígrafes previstos no artigo 29.2º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, así como as situacións de idéntica natureza establecida por disposicións anteriores á Lei 30/1984, do 2 de agosto. Igualmente serán computados, os anos de excedencia por coidado de fillo, declarada de acordo co artigo 55.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Segunda.-Centro desde o que se solicita participar no concurso.

Para efectos do punto 1.1.4. do baremo, considérase como centro desde o que se solicita participar no concurso aquel ó que pertenza o aspirante con destino definitivo, ou no que estea adscrito, sempre que esta situación implique a perda do seu destino docente, sendo unicamente computables por este epígrafe os servicios prestados como funcionario de carreira no corpo ó que corresponda a vacante. Quedan exceptuados do disposto no parágrafo anterior os funcionarios obrigados a concursar por teren perdido o seu destino definitivo en cumprimento da

sentencia ou resolución de recurso, por provir de excedencia forzosa ou por supresión do seu posto de traballo nos termos establecidos na convocatoria. A estes funcionarios seralles de aplicación o disposto para tal efecto no punto 1.1.4. do baremo.

Terceira.-Funcionarios de carreira que participan por primeira vez con carácter voluntario.

Os funcionarios de carreira que participen por primeira vez con carácter voluntario poderán optar, indicándoo na súa instancia de participación, pola puntuación correspondente ó punto 1.1.4. deste baremo ou polo seu punto 1.1.5.

No caso de exerce-la opción polo punto 1.1.5. puntuaráselles por este epígrafe, ademais dos anos de servicio prestados como funcionario de carreira en expectativa de destino, os que tivese prestado no centro desde o que participan cun destino definitivo.

No suposto de non manifestar ningunha opción na instancia de participación, entenderase que optan pola puntuación correspondente ó punto 1.1.4. deste baremo.

Cuarta.-Publicacións.

Por cada mérito presentado de acordo cos puntos 2.1.1. e 2.1.2. do baremo de méritos, só poderá puntuarse por un deles.

Quinta.-Valoración del traballo desenvolvido.

1. Polos puntos 2.2.1., 2.2.2., 2.2.3., 2.2.4. e 2.2.5. só se valorará o desempeñado como funcionario de carreira.

2. A valoración do traballo desenvolvido cando sexa referida a centros de adultos, só se valorará cando nos ditos centros se impartiran as mesmas ensinanzas que se imparten nos centros ós que se refire este epígrafe.

3. Para efectos previstos nos puntos 2.2.1., 2.2.2. e 2.2.3. do baremo de méritos, consideraranse centros públicos asimilados ós centros públicos de ensino secundario os seguintes:

-Institutos de bacharelato.

-Institutos de formación profesional.

-Centros de adultos, sempre que impartan as mesmas ensinanzas que nos centros ós que se refiren estes epígrafes.

-Centros de ensinanzas integradas.

4. Para efectos previstos no punto 2.2.2. do baremo de méritos consideraranse como cargos directivos asimilados, alomenos, os seguintes:

-Os cargos aludidos neste epígrafe desempeñados en seccións de formación profesional.

-Xefe de estudios adxunto.

-Xefe de residencia.

-Delegado do xefe de estudios de instituto de bacharelato ou similares en comunidades autónomas.

-Director-xefe de estudios de sección delegada.

-Director de sección filial.

-Director de centro oficial de padroado de ensino medio.

-Administrador en centros de formación profesional.

-Profesor delegado no caso da sección de formación profesional.

5. Polo punto 2.2.3. do baremo de méritos puntuaranse, polo menos, os seguintes cargos directivos:

-Vicesecretario.

-Delegado xefe de estudios nocturnos en sección delegada.

-Delegado do secretario de extensións de institutos de bacharelato ou similares en comunidades autónomas.

-Director, xefe de estudios ou secretario de centros homologados de convenio con corporacións locais.

-Director do colexio libre adoptado con número de rexistro de persoal.

-Secretario de centro oficial de padroado de ensino medio.

6. Cando se produza desempeño simultáneo de cargos, non poderá acumularse a puntuación.

Sexta.-Cómputo por cada mes fracción de anos.

Nos seguintes puntos, por cada mes fracción de anos sumaranse as seguintes puntuacións: no punto 1.1.1., 0.16; no 1.1.2., 0.12; no 1.1.3., 0.06; no 2.2.1., 0.25; no 2.2.2., 0.16; no 2.2.3., 0.08; no 2.2.4., 0.04; no 2.2.5., 0.12.

En ningún dos demais casos se puntuarán fraccións de ano.

ANEXO VII

Especialidades do corpo de profesores de ensino

secundario (corpo 590)

CódigoEspecialidade

001Filosofía
002Grego
003Latín
004Lingua castelá e literatura
005Xeografía e historia
006Matemáticas
007Física e química
008Bioloxía e xeoloxía
009Debuxo
010Francés
011Inglés
012Alemán
016Música
017Educación física
018Psicoloxía e pedagoxía
019Tecnoloxía
053Lingua e literatura galega
061Economía
101Administración de empresas
102Análise e química industrial
103Asesoría e procesos de imaxe persoal
104Construccións civís e edificación
105Formación e orientación laboral
106Hostalería e turismo
107Informática
108Intervención sociocomunitaria
109Navegación e instalacións mariñas
110Organización e xestión comercial
111Organización e proc. de mantemento de vehículos
112Organización e proxectos de fabricación mecánica
113Organización e proxectos sistemas enerxéticos
114Procesos de cultivo acuícola
115Procesos de producción agraria
116Procesos na industria alimentaria
117Procesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos
118Procesos sanitarios
119Procesos e medios de comunicación
120Procesos e productos de téxtil, confección e pel
121Procesos e productos do vidro e cerámica
122Procesos e productos en artes gráficas
123Procesos e productos en madeira e moble
124Sistemas electrónicos
125Sistemas electrotécnicos e automáticos
803Cultura clásica

ANEXO VIII

Especialidades do corpo de profesores técnicos

de formación profesional (corpo 591)

CódigoEspecialidade

201Cociña e pastelería
202Equipos electrónicos
203Estética
204Fabricación e instalación de carpintería e moble

CódigoEspecialidade

205Instalación e mantemento de equipos térmicos e de fluídos
206Instalacións electrotécnicas
207Instalacións e equipos de cría e de cultivo
208Laboratorio
209Mantemento de vehículos
210Máquinas, servicios e producción
211Mecanizado e mantemento de máquinas
212Oficina de proxectos de construcción
213Oficina de proxectos de fabricación mecánica
214Operacións e equipos de elaboración de productos alimentarios
215Operación de procesos
216Operacións de producción agraria
217Patronaxe e confección
218Perruquería
219Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico
220Procedementos sanitarios e asistenciais
221Procesos comerciais
222Procesos de xestión administrativa
223Producción de artes gráficas
224Producción téxtil e tratamentos fisicoquímicos
225Servicios á comunidade
226Servicios de restauración
227Sistemas e aplicacións informáticas
228Soldadura
229Técnicas e procedementos de imaxe e son

ANEXO IX

Especialidades do corpo de profesores de escolas

oficiais de idiomas (corpo 592)

CódigoEspecialidade

001Alemán
006Español para estranxeiros
008Francés
009Galego
011Inglés
012Italiano
015Portugués
017Ruso

ANEXO X

Especialidades do corpo de catedráticos de música

e artes escénicas (corpo 593)

CódigoEspecialidade

002 Harmonía e melodía acompañada
003Arpa
006Canto
008Clarinete
009Clave
010Composición e instrumentación
013Conxunto coral e instrumental
014Contrabaixo
015Contrapunto e fuga
028Estética e historia da música, da cultura e da arte
030Fagot
031Frauta de bico
035Guitarra
037Historia da cultura e da arte
052Óboe
058Percusión
059Piano
061Repentización, transposición instrumental e acompañamento
066Saxofón
068Solfexo e teoría da música

CódigoEspecialidade

072Trombón
074Trompa
075Trompeta
076Tuba
077Viola
078Violín
079Violoncelo

ANEXO XI

Especialidades do corpo de profesores de música

e artes escénicas (corpo 594)

CódigoEspecialidade

401Acordeón
402Arpa
403Canto
404Clarinete
405Clave
406Contrabaixo
407Coro
408Fagot
409Flabiol i tambori
410Frauta travesa
411Frauta de bico
412Fundamentos de composición
413Gaita galega
414Guitarra
415Guitarra flamenca
416Historia da música
417Instrumentos de corda pulsada do Renacemento e do Barroco
418Instrumentos de puga
419Óboe
420Órgano
421Orquestra
422Percusión
423Piano
424Saxofón
425Tenora i tible
426Trombón
427Trompa
428Trompeta
429Tuba
431Viola
432Viola da gamba
433Violín
434Violoncelo
435Danza española
436Danza clásica
437Danza contemporánea
438Flamenco
439Historia da danza
440Acrobacia
441Canto aplicado á arte dramática
442Caracterización e indumentaria
443Danza aplicada á arte dramática
444Dicción e expresión oral
445Dirección escénica
446Dramaturxia
447Esgrima
448Espacio escénico
449Expresión corporal
450Iluminación
451Interpretación
452Interpretación con obxectos
453Interpretación no musical
454Interpretación no teatro do xesto
455Literatura dramática
456Técnicas escénicas
457Técnicas gráficas
458Teoría e historia da arte
459Teoría teatral
460Linguaxe musical

ANEXO XII

Especialidades do corpo de profesores de artes

plásticas e deseño (corpo 595)

CódigoEspecialidade

006Dereito usual e nocións de contabilidade e correspondencia comercial
009Debuxo artístico
010Debuxo lineal
013Historia da arte
016Matemáticas
018Modelado e baleirado
034Técnicas de deseño gráfico
035Técnicas gráficas industriais
037Teoría e prácticas do deseño

ANEXO XIII

Especialidades do corpo de mestres de taller

de artes plásticas e deseño (corpo 596)

CódigoEspecialidade

006Cerámica artística
008Decoración
012Delineación
013Debuxo publicitario
015Deseño de figurinos
016Dourado e policromía
021Esmaltes
027Fotografía artística
028Fotografía e procesos de reproducción
041Metalistería artística
047Ourivería
050Química aplicada á cerámica
052Repuxado en metal
058Talla en madeira
060Talla en pedra e madeira
063Técnicas de xoiería
065Baleirado e moldeado
097Serigrafía

ANEXO XIV

Don/a ,

funcionario/a de carreira do corpo de ,

especialidade , co NRP

e destino definitivo/provisional (bórrese o que non proceda) no código

Acóllese á opción de participar no concurso de traslados coa puntuación do concurso convocado pola Orde do 10 de outubro de 2000, incrementando puntos nos epígrafes

1.1.2. puntos

1.2.1. 2 puntos

1.2.4. puntos

1.2.5. 1 punto

Así mesmo, presenta/non presenta (bórrese o que non proceda) novos documentos, datados con posterioridade ó 14 de novembro de 2000, para ser tidos en conta nos epígrafes do baremo que se indican.

... o ... de ... 2001.

Sinatura do/a interesado/a

ANEXO XV

Don/a ,

funcionario/a de carreira do corpo de ,

especialidade , co NRP

presenta a seguinte relación de novos documentos que se achegan para o concurso de traslados datados con posterioridade ó 14 de novembro de 2000.

EpígrafeDocumentos

... o ... de ... 2001.

Sinatura do/a interesado/a