Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 08 de novembro de 2001 Páx. 14.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 3 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolución do expediente sancionador 15-1858/2000, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselle ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que, así mesmo, se indica) a iniciación do expediente 15-1858/2000 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén poderá interpoñer calquera outro que estime pertinente ó seu dereito. Se non fose impugnada no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), oficina de relación con organismos (0388) Santiago de Compostela; noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do seguinte mes ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e o último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-1858/2000.

Inculpado: Fontanería Los Castros, S.L.

Domicilio: avda. de los Caídos, nº 44, 15009 A Coruña.

Sanción e motivos: 50.000 pesetas (cincuenta mil pesetas) por obstrucción ó labor inspector e outros.

Data de resolución: 3-9-2001.

A Coruña, 3 de outubro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña