Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 08 de novembro de 2001 Páx. 14.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2001, do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público plurianual 22/2001.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade do 21 de abril de 1998 (DOG número 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e para cumprimento do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, de contratos coas administracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, sen número, Ferrol.

c) Números de expedientes: C.P. 22/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministracións sucesivas.

b) Descrición do obxecto: lentes intraoculares e material de oftalmoloxía.

c) Lotes: véxase punto 9.2 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 97, do 22 de maio de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 11.196.754 ptas. (67.293,85 A) (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 14 de setembro de 2001.

b) Contratistas:

-Allergan, S.A.

Lote 1:

Lente intraocular cámara posterior, importe unitario adxudicado: 5.350 ptas. (32,15 A).

Lente intraocular cámara anterior, importe unitario adxudicado: 5.885 ptas. (35,37 A).

-Alcon Cusí, S.A.

Lote 2: lente intraocular acrílica, importe unitario adxudicado: 18.000 ptas. (108,18 A).

Lote 3: coitelete dun só uso 15º, 30º e 45º, importe unitario adxudicado: 743 ptas. (4,47 A).

Lote 4: coitelete dun só uso recto 3,2, importe unitario adxudicado: 1.870 ptas. (11,24 A).

Lote 5: coitelete dun só uso recto 2,75, importe unitario adxudicado: 1.870 ptas. (11,24 A).

Lote 8: campo cirúrx. oftálmico 1,24x1,46 c/bolsa, importe unitario adxudicado: 1.100 ptas. (6,61 A).

-Tecnocom, S.L.

Lote 6: cánula cámara anterior 30G, 25G, 27G, importe unitario adxudicado: 332,9 ptas. (2 A).

Lote 7: cánula retrobulbar 25G, 27G, importe unitario adxudicado: 332,9 ptas. (2 A).

Ferrol, 28 de setembro de 2001.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

de Ferrol