Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 08 de novembro de 2001 Páx. 14.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 2 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de iniciación do expediente sancionador 15-C-32/2001, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselle ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que, así mesmo, se indica) a iniciación do expediente 15-C-32/2001 por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindo ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 15-C-32/2001.

Inculpado: Grupo Goncasse, S.L.

Domicilio: urb. Soto rúa A, nº 185 baixo 15009 A Coruña.

Motivos: incumprimento das horas de documentación e información e obstrucción ó labor inspector.

Data da iniciación: 21-9-2001.

A Coruña, 2 de outubro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña