Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 08 de novembro de 2001 Páx. 14.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2001 pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de dársena exterior no porto de Ribeira, situado no concello de Ribeira, provincia da Coruña e promovido por este ente público.

En cumprimento dos acordos existentes coa Consellería de Medio Ambiente e durante o prazo de vinte (20) días, o órgano substantivo someterá o estu

dio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de dársena exterior no porto de Ribeira, situado en Ribeira (A Coruña).

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos poranse ó dispor dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

-Concello de Ribeira.

-Ente público Portos de Galicia.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de vinte (20) días contados a partir do seguinte día ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia