Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 07 de novembro de 2001 Páx. 14.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación do punto 3.3, subpunto 3.3.5, das normas subsidiarias (ordenación de sistemas) (expediente 2000156s).

O Pleno do concello, en sesión do 28 de setembro de 2001, aprobou inicialmente a proposta de modificación das normas subsidiarias relativa á ordenación de sistemas (punto 3.3; subpunto 3.3.5), coa finalidade de habilita-lo uso de aparcadoiro público no subsolo da zona verde correspondente ó ámbito do PERI nº 5, na Ramallosa (V-39), modificación que afecta, ademais, ó plan de ordenación correspondente.

Por este anuncio sométese a información pública o expediente polo prazo dun mes, período durante o que poderá ser examinado e formularse alegacións. Ó mesmo tempo, faise pública a suspensión do outorgamento de licencias na área afectada.

Nigrán, 8 de outubro de 2001.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde