Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 07 de novembro de 2001 Páx. 14.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIRA

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e disposicións concordantes, faise público que o pleno deste concello, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de setembro de 2001, aprobou definitivamente o estudio de detalle para ordenación da parcela sita entre a rúa San Roque e rúa de nova apertura, promovido por Arsenio Fernández Pena.

Contra o dito acordo, definitivo na vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP de Lugo ou no Diario Oficial de Galicia.

Meira, 25 de outubro de 2001.

Rosendo Folgueira Valle

Alcalde