Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 07 de novembro de 2001 Páx. 14.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEAÑO

ANUNCIO.

Convócase concurso para a adxudicación do servicio:

Obxecto do contrato. A prestación do servicio de limpeza de tódolos locais, dependencias e recinto do CEIP Coirón-Dena, CEIP As Covas, Meaño e do Centro de Saúde de Dena (coas dependencias actuais e as previstas no proxecto de ampliación e reforma) e As Covas-Meaño.

Duración do contrato. Un ano contado desde a data do inicio da prestación que se fixa para o día 7 de xaneiro de 2002, prorrogable ata un total de catro anos.

Base ou tipo de licitación. Tipo máximo: 54.091,09 euros/ano 9.000.000 de pesetas/ano, IVE incluído.

Capacidade para contratar. Regulada no prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas, que como lei fundamental do contrato rexerán a adxudicación.

Garantías. Provisoria: non se esixe. Definitiva: será do 4% do importe de adxudicación.

Documentación. A esixida no prego de cláusulas administrativas e segundo as formalidades da cláusula 9 e 18.

Presentación de proposicións. Presentaranse no rexistro xeral do concello en horario de 9 a 13.30 horas no prazo de 26 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación do último anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Criterios que servirán de base para a adxudicación do concurso. Os contidos na cláusula 11 do devandito prego.

Apertura de proposicións. A mesa de contratación reunirase ás 13 horas do día hábil seguinte ó da data de remate de presentación de proposicións, se coincide en sábado será o luns seguinte.

Gastos de publicación. Serán a cargo do adxudicatario.

Tramitación ordinaria, procedemento aberto e forma concurso.

Obtención de documentación e información. Concello de Meaño, r/ Campo da Feira nº 1 (Meaño), CP 36968, teléfono 986 74 71 02, fax 986 74 73 91.

Meaño, 26 de outubro de 2001.

Jorge Domínguez Rosal

Alcalde