Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 07 de novembro de 2001 Páx. 14.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO da aprobación inicial da delimitación do polígono de execución independente do predio Torre Escuredo, sito na rúa Luis A. Mestre, esq. Montiño. (Expediente 421/2001).

A Comisión de Goberno do Concello do Grove en sesión realizada o 4 de outubro de 2001 aprobou

inicialmente a delimitación do polígono de execución independente do predio Torre Escuredo, sito na rúa Luis A. Mestre, esq. Montiño, que foi presentado para a súa aprobación ante este concello por iniciativa particular de Margarita Escuredo Lago.

De conformidade co establecido nos artigos 121.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública durante vinte días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente encóntrase á disposición dos interesados nas oficinas da secretaría do concello para o seu exame.

Así mesmo, efectúase por medio do presente anuncio a notificación a aqueles propietarios descoñecidos de terreos afectados que, intentada a notificación, non se puido practicar, nos termos do artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

O Grove, 9 de outubro de 2001.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde