Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 07 de novembro de 2001 Páx. 14.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Alcaldía, o 29 de outubro de 2001, o proxecto de urbanización correspondente ó Plan parcial do sector RA-46 (O Salete), que incide no plan parcial da mesma zona, tramitado por instancia de Construcciones Clelia, S.L. de Lugo, sométese a información pública polo prazo dun mes a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá examinarse na secretaría municipal nas horas de oficina e formulárense, se é o caso, as alegacións que se coiden procedentes, dirixidas por escrito ó alcalde, de acordo co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Outeiro de Rei, 30 de outubro de 2001.

José Pardo Lombao

Alcalde