Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 07 de novembro de 2001 Páx. 14.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 4 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se fai público un requirimento verbo do expediente administrativo FM 301K 2000/15-0.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación do requirimento de documentación do expediente administrativo conforme o establecido no artigo 5.6º da Orde do 17 de novembro de 2000 pola que se establece a convocatoria pública para a programa

ción de cursos do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ó exercicio do ano 2000 (DOG nº 233, do 2 de decembro) no domicilio sinalado polo interesado que a continuación se cita, publícase:

Expediente: FM 301K 2000/15-0.

Orde da convocatoria: 17 de novembro de 1999 (DOG nº 233, do 2 de decembro).

Interesado: Prado Grupo Alimentario, S.L.

Enderezo: lg. Cruz do Morto, Prado, Morgadáns, Gondomar, 36389 (Pontevedra).

Asunto: requirimento da seguinte documentación no prazo de 10 días hábiles.

-Os contratos de polo menos o 60 por cento dos alumnos que iniciaron o curso nº 4.355 Productor

de setas (artigo 7.1º b) parágrafo 2º da Orde do 17-11-1999).

Comunícaselle que de non enviarnos a documentación requirida transcorrido o prazo citado procederase ó inicio do procedemento de reintegro de subvencións, regulado no Decreto 287/2000, do 21 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, por incumprimento da obriga de xustificación e das condicións impostas ás entidades colaboradoras e beneficiarias con motivo da concesión da subvención ou axuda pública, tal como establece o artigo 78.9º a) e d) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Os correspondentes expedientes atópanse no Servicio de Xestión Administrativa da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2001.

José Jaime López Cossío

Director xeral de Formación e Colocación