Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 07 de novembro de 2001 Páx. 14.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2001 pola que se fai pública a resolución dos recursos de alzada interpostos contra a resolución recaída no expediente sancionador de costas 71.3/98 de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a dita resolución.

Contra a resolución que se publica procederá o recurso contencioso-administrativo que se interporá, a escolla do recorrente, ante o xulgado do contencioso-administrativo do lugar onde teña o seu domicilio ou ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da cidade de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2001.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Interesado: Juan Manuel Rodríguez Amil.

Último domicilio coñecido: travesía de Vigo nº 56-2º 36206 Vigo.

Contido da resolución dos recursos de alzada:

Data: 19 de xuño de 2001.

Resolución: desestimados, confirmando a resolución.