Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 07 de novembro de 2001 Páx. 14.384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 15 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia laboral e de seguridade e hixiene no traballo.

Faise saber que as ditas resolucións rematan a vía administrativa e os interesados poden formular contra ela recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a súa publicación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, que resulta competente por aplicación e de conformidade co establecido nos artigos 8.3º e 14

da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Advírteselles que terán que aboa-la multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que se xuntaba á resolución de instancia, no número de conta e na entidade bancaria que nel se sinala, dentro do prazo de quince días hábiles contados desde o

seguinte á notificación da presente resolución, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Empresa

Domicilio

localidade

Nº expediente

Data resolución

Dirección xeral

ou consellería

Preceptos

Sanción

imposta

Infrinxidos

Sancionadores

Eliemi, S.L.Pontevedra478/00 (R.A.) 39/00 (PO) 1869/00 (AI)30 de maio de 2001Artigos 14 e 15 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, en relación co disposto no artigo 3.2º, 4.2º, 9 e 18 do Real decreto 1627/1997. do 24 de outubro, de conformidade co artigo 45 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.Artigo 46.5º e 47.13º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais330.001 ptas.

Sistemas Técnicos de Construcción de Galicia, S.L.Vigo (Pontevedra)502/00 (R.A.) 65/00 (PO) 1904/99 (AI)19 de xuño de 2001Anexo II, ap. 1 p. 3 en relación co artigo 3 do R.D. 1215/1997, do 18 de xullo, en relación co anexo III, ap. 9 e artigos 3 d) e 4 do R.D. 773/1997, do 30 de maio. Artigos 14 e 17.2º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e artigos 4.2 d) e 19.1º do Estatuto dos traballadores.Artigo 47.16 f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais250.100 ptas.

Álvarez y Arias Cnes., S.L.Vigo (Pontevedra)625/00 (R.A.) 62/00 (OR) 467/99 (AI)19 de xuño de 2001Punto 3 da parte C, anexo IV, do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se fixan disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construcción. Artigo 4 do R.D. 773/1997, do 30 de maio, en relación co expresado no derradeiro parágrafo do apartado a) do punto 3, do anexo IV do R.D. 1627/1997.Artigo 47.16 f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais2.000.002 ptas.

Café Vecchio, S.L.A Coruña704/00 (R.A.) 260/00 (CO) 380/00 (AI)14 de marzo de 2001Artigo 34.6º do Estatuto dos traballadores (R.D. lexislativo 1/1995, do 24 de marzo).Artigo 94.2º do Estatuto dos traballadores50.000 ptas.

Café Vecchio, S.L.A Coruña709/00 (R.A.) 259/00 (CO) 379/00 (AI)11 de abril de 2001Artigo 3 e ap. 9, anexo V ap. B en relación co A, e artigo 2 do Regulamento de lugares de traballo e artigo 14.2º e 3º da Lei 31/1995, do 8 de novembro.Artigo 47.16 h) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais80.000 ptas.

Cnes. Carlos Morono, S.L.Ames (A Coruña)932/00 (R.A.) 459/00 (CO) 712/00 (AI)9 de maio de 2001Artigos 3 a) e b) da parte C do anexo IV do R.D. 1627/97, do 24 de outubro; artigos 3 e 9 dos anexos I, III e IV do R.D. 773/1997, do 30 de maio; artigos 187, 206 e 221 da Ordenanza laboral da construcción (O.M. 28-8-1970).Artigo 47.16º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais250.100 ptas.