Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 07 de novembro de 2001 Páx. 14.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 8 de outubro de 2001, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona resolución de recurso de reposición pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Ibáñez Berdulles, Manuel).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase resolución de recurso de reposición pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial de Pontevedra en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regulamenta o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da secretaría desta delegación, con domicilio na rúa Michelena 30, Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sin efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 8 de outubro de 2001.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

-Interesado:

Ibáñez Berdulles, Manuel

DNI: 35784067T.

R/ Xinzo-A Cividá, 8, Ponteareas.-Procedemento:

Resolución recurso de reposición contra providencia de constrinximento.

Expte.: pesca PO-988/93.

Liq.: 8951000409.