Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 07 de novembro de 2001 Páx. 14.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2001, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de acondicionamento da estrada AC-403, treito Santa Comba-A Pereira, clave AC/99.52.1, termo municipal de Santa Comba.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia

da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 14 de novembro de 2001 procédese á aprobación do proxecto de trazado das obras de acondicionamento da estrada AC-403, treito Santa Comba-A Pereira, clave AC/99.52.1, termo municipal de Santa Comba, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 19 de abril de 2001, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 99/2001, publicado no DOG nº 94, do 16 de maio.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Santa Comba:

-Data: 10 de decembro de 2001.

Horario: das 10 horas ás 13 horas.

De: Álvarez Estévez, Manuel e outro a Cousillas Ferreiro, Josefa e Eva Mª.

-Data: 11 de decembro de 2001.

Horario: da 10 horas ás 13 horas.

De: Espasanaín Suárez, Hdros. José a Gerpe Gerpe, José.

-Data: 12 de decembro de 2001.

Horario: das 10 horas ás 13 horas.

De: Gerpe Romero, Dolores a Otero Abelenda, Hdros. Jesús.

Data: 13 de decembro de 2001.

Horario: das 10 horas ás 13 horas.

De: Otero Otero, Juan a Villar Souto, Perfecto.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos no Concello de Santa Comba

e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña (praza Luís Seoane, s/n, 8ª planta, 15071 A Coruña).

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo acompañarse, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no BOE ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 22 de outubro de 2001.

José Luis Rodríguez Alonso

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas da Coruña