Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 07 de novembro de 2001 Páx. 14.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 8 de outubro de 2001, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Piñeiro Cordeiro, Andrés e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial de Pontevedra en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regula os recursos de reposicións previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da secretaría desta delegación, con domicilio na rúa Michelena 30, Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 8 de outubro de 2001.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

-Interesado:

Piñeiro Cordeiro, Andrés.

DNI: 35917235K.

r/ Herbello, 5, Cangas.-Procedemento:

Resolución de improcedencia de recurso de reposición.

Expte.: S-732/99.

Liq.: 650800330671.

-Interesado:

Rois Quiroga, José Antonio.

DNI: 34258031Z.

r/ Pintor Laxeiro, 18, Pontevedra.-Procedemento:

Resolución de recurso de reposición.

Expte.: T-8007/99.

Liq.: 600802663988.