Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 07 de novembro de 2001 Páx. 14.364

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (444/2001).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 444/2001 seguidos por instancia de Joaquín Mouto Nogueira contra Infersa Galicia, S.A. e outras, sobre despedimento, a maxistrada xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 28-9-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda interposta por Joaquín Mouto Nogueira, contra as empresas Infersa Galicia, S.A. e Infersa, S.A., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento, condenando as ditas demandadas a que, no prazo de cinco días, opten pola readmisión do demandante no seu posto de traballo ou o indemnicen na suma de 951.258 pesetas, máis os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da presente resolución, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar resgardo acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Infersa Galicia, S.A. que tivo o seu último enderezo coñecido en Curros Enríquez, 30, 27004 Lugo, que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 28 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado