Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 07 de novembro de 2001 Páx. 14.364

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (245/2001).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 245/2001 seguidos por instancia de Manuel Ramos Pires contra Construcciones Cosmarti, S.L., sobre salarios, a maxistrada xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 24-9-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda interposta por Manuel Ramos Pires, contra a empresa Construcciones Cosmarti, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento ó demandante da suma de 543.127 pesetas, co pagamento do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contado desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar resgardo acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Construcciones Cosmarti, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Alcalde Manuel Portela, 19-1º, Lugo, que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 24 de setembro de 2001.

O secretario

Rubricado