Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 07 de novembro de 2001 Páx. 14.339

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de outubro de 2001 pola que se conceden axudas a alumnos e profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías en empresas de ámbito transnacional (cofinanciadas polo Fondo Social Europeo).

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 12 de marzo de 2001, convocáronse axudas a alumnos e profesores de centros

docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías en empresas de ámbito transnacional (cofinanciadas polo Fondo Social Europeo).

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo noveno da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322S.481.0 da Dirección Xeral de Orde

nación Educativa e Formación Profesional, as axudas que se relacionan no anexo I, correspondentes ó segundo prazo.

Segundo.-De acordo co artigo décimo primeiro as axudas serán aboadas da seguinte forma:

Para as axudas que non superen o importe de 1.000.000 de pesetas, no momento da concesión poderá acordarse un anticipo de pagamento de ata un 80%, despois da aceptación da subvención. O 20% restante librarase unha vez finalizada a actividade e despois da súa completa xustificación económica por parte do centro e entrega da memoria de actividades, adxuntando certificación respecto da percepción ou non doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade, para efectos do disposto no artigo 78.3º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Nas axudas que superen esta cantidade o pagamento realizarase tamén integramente unha vez finalizada e xustificada a actividade.

Terceiro.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios quedarán obrigados a:

1. Acepta-la axuda concedida. Neste sentido, se no prazo de quince días, contados a partir do da recepción da comunicación pola que se notifica a concesión da axuda, o centro beneficiario non acepta esta, entenderase que renuncia á súa percepción.

2. Facilita-la información requirida e someterse ás accións de comprobación ou control financeiro que poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os organismos competentes.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

Unha vez efectuada a viaxe, o centro docente, como entidade colaboradora da xestión de axudas públicas, deberá, de acordo co establecido no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, tramita-la seguinte documentación no prazo máximo dun mes:

a) Certificación do consello escolar do centro aprobatoria das contas, xuntando unha relación dos gastos efectuados.

b) Xustificación da totalidade do custo da viaxe de acordo cos datos indicados no orzamento inicial. O importe da subvención nunca poderá superar illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, o custo da actividade que vai desenvolve-lo beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza. No caso de que o custo final sexa inferior ó inicialmente previsto, deberase diminuí-la axuda concedida en proporción á axuda xustificada.

c) Memoria do traballo realizado durante a estadía no país de acollida, que deberá ser presentada un mes despois do remate da actividade. A memoria

irá xunto cun certificado do director do centro no que se faga consta-lo nome o número do DNI do profesorado e alumnos participantes nas estadías e incluirá os seguintes datos:

c.1) Visitas preparatorias. Obxectivos levados a cabo de cara á realización do proxecto, incluíndo un breve resumo deste: descrición, datas de realización, etc.

c.2) Estadías de alumnos. Programación e avaliación das actividades realizadas na estadía, con descricións de procesos productivos, tecnoloxías utilizadas, posibilidades de realización doutras estadías e aspectos positivos e negativos que hai que considerar.

c.3) Estadía de profesores. Memoria do traballo individual desenvolvido, no que se farán constar entre outros, e como mínimo, os seguintes aspectos:

* Descrición do proceso productivo. Perfís profesionais que participan, diferenciados segundo os niveis de cualificación.

* Realizacións máis significativas de cada perfil profesional.

* Tecnoloxías utilizadas e a súa presencia no equipamento de cada ciclo formativo (valoración das súas necesidades ou conveniencia de incorporalo).

* Cambios que se prevexan no sistema productivo (evolución da competencia profesional).

* Programa de formación en centros de traballo que se poderían realizar nesta empresa e nos diferentes ciclos formativos da súa familia profesional.

* Posible formación do profesorado que podería desenvolve-la empresa ou traballadores que poderían colaborar no plan de formación do profesorado de formación profesional específica.

* Valoración de estadías de formación, aspectos positivos e aspectos que deben mellorar.

Os proxectos e traballos realizados polos centros seleccionados quedarán en poder da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional reservando para si o dereito de difundi-los traballos realizados en función da súa orixinalidade e pasando a formar parte dos fondos documentais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Certificación de ter ou non ter subvención ou axuda, para a mesma finalidade, procedente de calquera outra Administración ou ente público.

Cuarto.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Proxectos aprobados no segundo prazo de presentación de solicitudes

Tipo de acciónCentro escolarProfesor encargadoNº prof.Nº al.AxudaSemanasPaís

Visitas preparatoriasIESTeisLourdes Mourelle10126.0001Italia

Estadía alumnosEFAEFA A CancelaEsther Araújo Cabaleiro3351.870.0002Portugal

Estadía de alumnosEAEsc. arte Antonio FaíldeMiguel Rey Kochinke02240.0002Dinamarca

Visita preparatoriaEAEsc. arte Antonio FaíldeCésar Taboada Varela10140.0001Grecia

Visita preparatoriaEAEsc. arte Antonio FaíldeCésar Taboada Varela10133.0001Dinamarca

Visita preparatoriaIESRibeira do LouroAmador Ordóñez Puime10150.0001Grecia

Visita preparatoriaIESPaseo das PontesSantiago Rodilla Labrador1150.0001Finlandia

Visita preparatoriaIESCarlos OrozaRicardo Fernández Guerra1100.0001Francia

Estadías profesoresIESNº 1 Politécnico de LugoMaría Varela Tato1150.0001Finlandia

Estadías profesoresIESNº 1 Politécnico de LugoMarina Merino López1150.0001Finlandia

Estadías profesoresCol.Daniel CastelaoPatricia Rodríguez Canabal1170.0004Inglaterra

Estadías alumnosCol.Daniel CastelaoPatricia Rodríguez Canabal01150.0002Suecia

Estadías alumnosCol.Daniel CastelaoPatricia Rodríguez Canabal071.225.0006Inglaterra

Visita preparatoriaCol.Daniel CastelaoPatricia Rodríguez Canabal10126.0001Inglaterra

Estadías profesoresIESSanxillaoVíctor Teo Ríos10115.0002Francia

Estadías profesoresIESSanxillaoJorge Carou Horta10115.0002Francia

Estadías profesoresIESSanxillaoJenaro Fieira Noya10115.0002Francia

Estadías profesoresIESPontepedriñaCarmen Fandiño Suárez10140.0002Inglaterra

Estadías profesoresIESA XunqueiraJosé Luis González Entenza10126.0001Italia

Estadías profesoresIESÁnxel CasalSusana Agra Rama10150.0001Finlandia

Estadías profesoresIESArmando CotareloJesús Caneda Aguiar10140.0002Inglaterra

Solicitudes excluídas

por falta de documentación

-Centro escolar: IES Pintor Colmeiro.

Tipo de acción: estadía de profesores en Escocia.

Profesora encargada: Pilar Martínez Rodríguez.

-Centro escolar: IES Pintor Colmeiro.

Tipo de acción: estadía de profesores en Escocia.

Profesor encargado: Xosé Barreiro Otero.