Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 07 de novembro de 2001 Páx. 14.338

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de outubro de 2001 pola que se conceden axudas a alumnos e profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países para favorece-la aprendizaxe activa de linguas.

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 1 de marzo de 2001 (DOG do 19 de marzo), convocáronse axudas para alumnos e profesores de centros públicos docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países para favorece-la aprendizaxe activa de linguas.

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo sétimo da citada orde

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322T.480.0 da Dirección Xeral de

Ordenación Educativa e Formación Profesional, as axudas que se relacionan no anexo I, que se presentaron no terceiro prazo establecido (do 2 de maio ata o 29 de xuño), punto quinto.1 do DOG do 19 de marzo de 2001, por importe total de 5.376.000 pesetas.

Segundo.-Recoller no anexo II as axudas denegadas.

Terceiro.-De acordo co artigo noveno da orde de convocatoria as axudas serán aboadas da seguinte forma:

Para as axudas que non superen o importe de 1.000.000 de pesetas, no momento da concesión poderá acordarse un anticipo de pagamento de ata un 80%, logo de aceptación da subvención. O 20% restante librarase unha vez rematada a actividade e logo da súa completa xustificación económica por parte do centro e entrega da memoria de actividades, achegando certificación respecto da percepción ou non doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade, para efectos do disposto no artigo 78.3º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Nas axudas que superen esta cantidade o pago realizarase integramente unha vez rematada e xustificada a actividade.

Cuarto.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios quedan obrigados a:

1. Acepta-la axuda concedida. Neste sentido, se no prazo de quince días, contados a partir da recepción da comunicación pola que se notifica a concesión da axuda, o centro beneficiario non acepta esta, entenderase que renuncia á súa percepción.

2. Facilita-la información requirida e someterse ás accións de comprobación ou control financeiro que poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os organismos competentes.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

3.1. Memoria.

Os centros beneficiarios enviarán unha memoria das actividades realizadas que inclúe:

a) Resumo do desenvolvemento da actividade realizada.

b) Obxectivos conseguidos.

c) Procedemento de avaliación utilizado, resultados obtidos e difusión que se realizou deles.

A memoria estará acompañada dunha certificación do director do centro no que se faga consta-lo nome e número de DNI do profesor responsable do proxecto e dos profesores que o acompañaron na viaxe. Igualmente engadirase unha certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público.

3.2. Xustificación de gastos efectuados.

Os centros educativos enviarán unha certificación do consello escolar do centro aprobatoria do gasto, xuntando unha relación detallada dos gastos efectuados, así como unha certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público.

Quinto.-Contra esta orde os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), ou ben directamente o recurso

contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional a dictar tantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento correcto desta orde.

Segunda.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

AXUDAS CONCEDIDAS

Tipo de acciónCentro escolarLocalidadeAxuda concedidaPaís de destino

IntercambioIES Sánchez CantónPontevedra1.110.000Estados Unidos

Visita preparatoriaCRA Nosa Señora do FaroPonteceso300.000Finlandia

IntercambioIES Lauro OlmoO Barco1.060.000Reino Unido

Visita preparatoriaColexio La SalleFerrol100.000Francia

Visita de estudiosCEP Doutor FlemingVigo252.000Bélxica

Visita preparatoriaCEIP A MagdalenaAs Pontes252.000Italia

Visita preparatoriaCRA Novo MencerCoristanco300.000Rumanía

IntercambioIES A SangriñaA Guarda1.380.000Grecia

Visita preparatoriaIES Ánxel CasalA Coruña300.000Rumanía

Visita preparatoriaCPI AltamiraSalceda de Caselas70.000Francia

Visita preparatoriaIES PerdouroBurela126.000Italia

Visita preparatoriaCPI Curros EnríquezPazos de Borbén126.000Alemaña

Total5.376.000

ANEXO II

SOLICITUDES DENEGADAS

Tipo de acciónCentro escolarLocalidadePaís de destinoMotivo denegación

Visita de estudiosIES Lauro OlmoO BarcoReino UnidoNon ter un proxecto previo aprobado

Visita de estudiosIES Monte CasteloBurelaItaliaSolicitude fóra de prazo

Visita de estudiosEFA FonteboaCoristancoFranciaDatas da visita fóra das datas establecidas pola orde de convocatoria

IntercambioIES Blanco AmorOurenseEstados UnidosPor participar alumnos de centros docentes que non solicitan axuda

IntercambioIES Imaxe e SonA CoruñaFranciaNon é un intercambio lingüístico

IntercambioIES Marqués de SuancesFerrolReino UnidoTer concedido intercambio na acción Comenius 1.2

Visita preparatoriaIES Marqués de SuancesFerrolPortugalTer concedido intercambio na acción Comenius 1.2

IntercambioIES Monte da VilaO GroveFranciaTer concedido intercambio na acción Comenius 1.2

IntercambioIES Monte da VilaO GroveFranciaTer concedido intercambio na acción Comenius 1.2

IntercambioIES Marqués de SargadelosSan CibraoReino UnidoSolicitude fóra de prazo