Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 06 de novembro de 2001 Páx. 14.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 14 de setembro de 2001, en relación co Plan Xeral de Ordenación Municipal, acordou o seguinte:

Someter a un novo período de información pública dun mes, mediante anuncio que se inserirá no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, o PXOM resultante de toda a tramitación, coa documentación validada polo equipo redactor con data do 7-9-2001, tendo en conta que algunhas das alegacións que se estimaron puideron modifica-lo citado documento respecto á cualificación dalgunha parte do solo.

A información levarase a cabo:

-Con carácter permanente na biblioteca pública Vidal Pazos en horario de 8 a 14.30 horas coa supervisión dun técnico e de 17 a 20 horas sen a presencia do dito técnico.

-No núcleo urbano de Seixo durante cinco días, no lugar e datas que se determine, ás que se lle dará publicidade na prensa e cun anuncio indicativo na biblioteca Vidal Pazos. A documentación que se expoña será a referente ó dito núcleo urbano.

-Nas parroquias do termo municipal exporanse os planos que lles afecten a cada unha delas no lugar e data que se determine e ó que se lle dará publicidade na prensa e cun anuncio indicativo na biblioteca Vidal Pazos.

Marín, 1 de outubro de 2001.

Antonio Santiago Fernández

Alcalde-presidente