Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 06 de novembro de 2001 Páx. 14.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno con data do 10-10-2001, o estudio de detalle para a ordenación de volumes na rúa Ourense, esquina rúa Tui, solicitado por Margarita I. Mosteirín Castañer en representación de Castañer y Castañer, S.L.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda Muralla, nº 197), e presentarse reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 16 de outubro de 2001.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto bueno

P.D. (Decreto alcaldía nº 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente-alcalde delegado de Área