Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 06 de novembro de 2001 Páx. 14.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a relación da adxudicación definitiva da contratación de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda dar publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

I. Adquisición do equipamento de sistema de vídeo con destino ó Hospital Arquitecto Marcide-Novoa Santos de Ferrol (lote único).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-30/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición do equipamento de sistema de vídeo.

c) Lote: lote único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 93, do 15 de maio de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catro millóns duascentas mil pesetas, IVE incluído (4.200.000 pesetas, IVE incluído), 25.242,51 euros.

Lote único: equipamento de sistema de vídeo: 4.200.000 pesetas, 25.242,51 euros.

Adxudicacións:

Lote único: equipamento de sistema de vídeo.

a) Data: 26 de setembro de 2001.

b) Contratista: Audiovisuales Codec, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: catro millóns cento noventa e cinco mil pesetas, IVE incluído (4.195.000 pesetas, IVE incluído) (25.212,46 euros).

En cumprimento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa e é susceptible do recurso

contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día siguinte á publicación da presente resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativo.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos