Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 06 de novembro de 2001 Páx. 14.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRELO DO VAL

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Castrelo do Val. Expediente número 01/01, do concurso para a redacción dun Plan Xeral de Ordenación Municipal para o Concello de Castrelo do Val.

2. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, orzamento: 9.641.104 pesetas (57.944,20 euros) (IVE incluído).

3. Garantía provisinal: 192.822 pesetas, equivalentes a 1.158,88 euros.

4. Presentación das proposicións: no rexistro xeral do Concello de Castrelo do Val, en horario de 9 a 14 horas, no prazo de trece días naturais contados a partir do día seguinte da última publicación no BOP ou no DOG (se o último día coincidise en sábado ou festivo, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte).

Castrelo do Val, 30 de outubro de 2001.

Raúl Fernández Fernández

Alcalde