Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 06 de novembro de 2001 Páx. 14.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do expediente de contratación C.P. 15/2001.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no punto i) do artigo 7 da Orde do 23 de marzo de 2000 pola que se modifica a do 21 de abril de 1998, sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n (27004) Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministración. Teléfono: 982 29 65 92, fax: 982 21 29 24.

c) Número do expediente: C.P. 15/2001.

2. Obxecto da contratación.

a) Tipo de contrato: contrato de servicios.

b) Descrición do obxecto: prestación do servicio de xestión (recolla, tratamento e eliminación) de residuos das clases III y IV, segundo a clasificación do Decreto 460/1997, do 21 de novembro, nos centros dependentes do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.

c) Lotes: lote único.

d) Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: DOG nº 105, do 31 de maio de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: dezaseis millóns catrocentas seis mil setenta e cinco pesetas (16.406.075 pesetas) IVE incluído (98.602,50 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 4 de setembro de 2001.

b) Contratista: Consenur, S.A.

d) Importe da adxudicación:

1. Residuos clase III. Sanitarios especiais:

-2.800 contedores de 30 litros, a 1.500 pesetas./unidade.

-5.200 contedores de 60 litros, a 2.250 pesetas/unidade.

2. Residuos clase IV. Químicos:

-Grupo 1. 1.500 kg de solucións acuosas, a 267 pesetas/kg.

-Grupo 2. 100 kg de productos non haloxenados, a 267 pesetas/kg.

-Grupo 3. 25 kg de productos haloxenados, a 275 pesetas/kg.

-Grupo 4. 50 kg de reactivos de laboratorios e medicamentos, a 1.440 pesetas/kg.

Total importe adxudicación: dezaseis millóns catrocentas seis mil setenta e cinco pesetas (16.406.075 pesetas) IVE incluído (98.602,50 euros).

Lugo, 1 de outubro de 2001.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo