a) Obra.
1. Saneamento, depuración e beirarrúas en Seixomil (A Bola-Ourense).
Clave: OH.332.399.
Orzamento: dezasete millóns cento unha mil novecentas vintecatro pesetas (17.101.924 pesetas, equivalente a 102.784,633 euros).
Prazo de execución: 15 meses.
Clasificación: non se esixe.
Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16, letra a), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e a súa solvencia técnica mediante os documentos citados no artigo 17, letras a) e b) da mesma lei.
De posuí-lo licitador clasificación do grupo E, subgrupo 1, categoría b, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica.
Fianza provisional: trescentas corenta e dúas mil trinta e oito pesetas (342.038 pesetas, equivalente a 2.055,690 euros).
(Declarada urxente conforme o establecido no artigo 71 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).
b) Documentos de interese para os licitadores.
O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, praza Camilo Díaz Valiño, s/n, Santiago de Compostela.
Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:
http://www.xunta.es/contratacion.
c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
Esixirase a fianza provisional indicada no punto a) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de licitación, para cada unha das obras indicadas no dito punto.
As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
d) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.
e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.
As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro de Augas de Galicia ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día vinteseis (26) de novembro de 2001.
f) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas de Augas de Galicia, ás dez horas do día once (11) de decembro de 2001.
A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 1.2.6. Constitución e funcionamento da mesa do prego de cláusulas administrativas particulares.
g) Documentos que deben presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2001.
Agustín Hernández-Fernández de Rojas
Presidente do organismo autónomo Augas
de Galicia