Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 06 de novembro de 2001 Páx. 14.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2001 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras que se citan (OH.515.504 e seis máis).

a) Obra.

1. Saneamento e abastecemento integral en Outes-sector II (Outes-A Coruña).

Clave: OH.515.504.

Orzamento: douscentos sesenta e nove millóns novecentas vinteoito mil setecentas noventa pesetas (269.928.790 pesetas, equivalente a 1.622.304,701 euros).

Prazo de execución: 42 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d. Grupo K, subgrupo 8, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Rede de abastecemento de auga a Toca e outros (As Somozas-A Coruña).

Clave: OH.215.494.

Orzamento: cento cincuenta e catro millóns novecentas trinta e unha mil novecentas noventa e catro pesetas (154.931.994 pesetas, equivalente a 931.160,038 euros).

Prazo de execución: 32 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Rede arterial do abastecemento de auga potable desde o depósito de Montealegre (Ourense).

Clave: OH.232.400.

Orzamento: cento corenta e oito millóns catrocentas vinteoito mil corenta e unha pesetas (148.428.041 pesetas, equivalente a 892.070,493 euros).

Prazo de execución: 33 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

4. Ampliación do abastecemento e saneamento en Ramirás (Ramirás-Ourense).

Clave: OH.532.402.

Orzamento: trinta e sete millóns cento corenta e nove mil duascentas corenta e cinco pesetas (37.149.245 pesetas, equivalente a 223.271,459 euros).

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

5. Abastecemento a núcleos de Valga-segunda fase (Valga-Pontevedra).

Clave: OH.236.504.

Orzamento: cento dezaseis millóns seiscentas dezaseis mil novecentas setenta e sete pesetas (116.616.977 pesetas, equivalente a 700.882,148 euros).

Prazo de execución: 30 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

6. Abastecemento, saneamento e recuperación de beiras no concello de Muíños (Muíños-Ourense).

Clave: OH.532.401.

Orzamento: cento trinta e dous millóns trescentas trinta e dúas mil catrocentas oitenta e oito pesetas (132.332.488 pesetas, equivalente a 795.334,271 euros).

Prazo de execución: 42 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

7. Saneamento en Monforte de Lemos-núcleo de Seoane (Monforte de Lemos-Lugo).

Clave: OH.327.320.

Orzamento: corenta e dous millóns cincocentas mil pesetas (42.500.000 pesetas, equivalente a 255.430,144 euros).

Prazo de execución: 30 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría b.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 71 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, praza Camilo Díaz Valiño s/n, Santiago de Compostela.

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no punto a) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento da licitación, para cada unha das obras indicadas no dito punto.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro de Augas de Galicia ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día vinteseis (26) de novembro de 2001.

f) Admisión de variantes.

Admítese a presentación dunha variante para cada unha das obras indicadas na letra a) deste anuncio, de acordo co indicado no prego de cláusulas administrativas particulares (punto 2.1.1. do dito prego).

g) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas de Augas de Galicia, ás dez horas do día once (11) de decembro de 2001.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2001.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia