Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 06 de novembro de 2001 Páx. 14.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2001 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, dun contrato de consultoría e asistencia para o desenvolvemento dunha estratexia de comunicación audiovisual sobre a artesanía de Galicia. (Expediente 9/2001 DXPI).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Programas Industrias e Infraestructuras Tecnolóxicas.

Número de expediente: 9/2001 DXPI.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: establece-las condicións que regularán a selección e contratación da consultoría e asistencia técnica necesarias para a definición, deseño, realización, seguimento e avaliación dunha estratexia de comunicación audiovisual sobre a artesanía de Galicia, para os efectos de promove-la marca Artesanía de Galicia entre o público obxectivo da Comunidade Autónoma.

Prazo de execución: desde o día seguinte a súa sinatura, ata o 30 de decembro de 2001. O adxudicatario está obrigado a realiza-la difusión das accións entre o 1 decembro de 2001 e as catro semanas seguintes á citada data.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 35.000.000 de pesetas equivalentes a 210.354,24 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 700.000 pesetas (4.207,09 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 54 48.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet, http://www.xunta.es/contratación.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: oito días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia: será requisito indispensable para contratar que o empresario xustifique a súa solvencia económica financeira de conformidade co artigo 16.1ª a) e c) do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE nº 148, do 21 de xuño), polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (TRLCAP) mediante calquera dos seguintes medios: informe das institucións financeiras ou declaración relativa á cifra de negocios global e dos servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios e relacionados co obxecto do contrato. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase, de conformidade co artigo 19.a) e b) do citado texto refundido, mediante a presentación dunha relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados delas ou mediante unha descrición do equipo técnico e unidades técnicas participantes no contrato, estan ou non

integrados directamente na empresa do contratista, especialmente dos responsables do control de calidade.

Lugar de presentación:

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme co artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes: (concurso): non se admite.

8. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

9. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2001.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio