Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 06 de novembro de 2001 Páx. 14.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación Sindical Gallega de Matronas.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 1 de outubro de 2001, certificación expedida pola secretaria da devandita asociación, María Jesús Rúa Pérez, na que se reflicten os acordos acadados pola xunta xeral, na reunión celebrada en Santiago de Compostela, o día 20 de marzo de 2001, entre eles, o que fai refencia ó cambio do domicilio social, que se fixa na rúa Costa Rica, nº 5-4ª planta, da Coruña.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais