Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 06 de novembro de 2001 Páx. 14.307

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2001 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia para a realización do plan de competitividade da lousa ornamental. (Expediente 7/2001 DXI ).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 7/2001 DXI.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: a elaboración do plan de competitividade da lousa ornamental e o desenvolvemento das súas fases iniciais de xestión. Inclúe por tanto a revisión dos traballos e plans elaborados inicialmente, o corrrespondente diagnóstico sobre a súa situación actual, e a xestión das súas fases iniciais do mesmo.

Prazo de execución: o contrato terá unha duración máxima de nove meses contados desde o día da súa sinatura, e executarase conforme o cronograma establecido na cláusula 3 do prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 15.000.000 de pesetas equivalentes a 90.151,82 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 300.000 pesetas equivalentes a 1.803,03 euros.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 54 48.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet, http://www.xunta.es/contratación.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: vinte días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia: será requisito indispensable para contratar que o empresario xustifique a súa solvencia económica financeira de conformidade co artigo 16.1ª a) e c) do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE nº 148, do 21 de xuño), polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (TRLCAP) mediante calquera dos seguintes medios: informe das institucións financeiras ou declaración relativa á cifra de negocios global e dos servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios e relacionados co obxecto do contrato. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase, de conformidade co artigo 19.a) e b) do citado texto refundido, mediante a presentación das titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal da dirección da empresa, en particular, do persoal responsable da execución do contrato ou por medio dunha relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos

que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados delas.

Lugar de presentación:

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme co artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes: (concurso): non se admite.

8. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

9. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2001.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio